Home Pontevedra Deza Taboada afirma que Fiuza portavoz do BNG “fala por non estar calado”

Taboada afirma que Fiuza portavoz do BNG “fala por non estar calado”

- Anuncio -

• Segundo Taboada, agora vai resultar que se membros do tribunal renuncian por temas persoais vai ser culpa do alcalde, “era o que faltaba”

Luís Taboada quere saír ao paso dunhas declaracións realizadas polo portavoz do BNG Alejandro Fiuza, moi pouco acertadas e infestadas de nerviosismo.

Taboada defende a democracia por encima de todas as cousas, por iso con toda transparencia, realízase un proceso selectivo para unha bolsa de traballo, da que xa se realizou unha primeira fase, e na que solicitaron baixa do tribunal varios dos seus membros por motivos persoais, obrigando ao alcalde Luís Taboada a paralizar o devandito procedemento en varias ocasións.

En cambio, Alex Fiuza insinúa, que Luís Taboada debería de obrigalos a continuar, privándoos do seu dereito para decidir, coma se fosen otros tempos antigos, nos que se cubrían as prazas a dedo, ou se lle daban directamente a amigos, Taboada ve moi preocupado a Alex Fiuza por esta bolsa de traballo, ¿non será que ten algún amíguete para poder cubrir dita praza? Pregúntase o alcalde, senón non se entende este nerviosismo por querer terminalo canto antes.

Taboada lémbralle a Fiuza que este proceso xa concluíu unha vez con dous candidatos que despois de sacar a mellor nota, renunciaron á praza, polo que houbo que volver sacala de novo, e que Fiuza “fala por non estar calado” tentando manipular coas súas palabras aos veciños e veciñas de Vila de Cruces, vendo artimañas onde non as hai, xa que dita asesoría financeira xa traballou para o concello hai anos, e por suposto nesa época existía unha administrativa de Intervención e eran compatibles os dous como se pode comprobar, así que Taboada rógalle a Fiuza que se informe e que non estea tan nervioso antes de lanzar acusacións sen fundamento, coa única intención de facer dano. Tamén quere Taboada aconsellar a Fiuza de que no canto de preocuparse tanto por contratar a unha administrativa para axilizar o traballo para pagar e xestionar as facturas do concello, que se preocupe, ou máis ben que se ocupe de votar a favor nos plenos para pagar as devanditas facturas, que se por el fóra os provedores de Cruces, quedarían sen cobrar, “e despois di que se preocupa por axilizar o traballo” espétalle Taboada.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas