Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela inspecciona os traballos no pastizal de Deán de 30 hectáreas nos...

Cubela inspecciona os traballos no pastizal de Deán de 30 hectáreas nos que se investiron uns 300.000 euros

- Anuncio -

• O alcalde salientou a idoneidade deste tipo de iniciativas para favorecer que se fixe a poboación e ratificou o seu desexo de impulsar este tipo de actuacións para facilitar que moitas familias aposten polo mundo rural

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado pola tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro, inspeccionaron os traballos realizados no pastizal de Deán, cunha extensión dunhas 30 hectáreas, e no que a Dirección Xeral de Gandeiría da Xunta de Galicia investiu uns 300.000 euros.

Entre as actuacións levadas a cabo nesta infraestrutura agrogandeira figuran o peche perimetral do entorno, a dotación de comedeiros, fíxose o desbroce de todas as parcelas e realizouse o sementado para logo incorporar ás vacas para que puideran acceder ao pasto.

Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela, está é outra das iniciativas impulsadas desde o Concello de Cerdedo-Cotobade para dinamizar as posibilidades de desenrolo económico sostibles no municipio e que ven a dar continuidade a outras iniciadas xa.

A esta aposta polo mundo rural hai que sumar a primeira aldea modelo da provincia de Pontevedra, Parada-Mouteira, o poligono agrario de Tomonde e Vilalén, de 70 hectáreas adicadas á produción de mazáns para sidra, o pastizal de Valongo, Loureiro e Caroi e o proxecto europeo pioneiro na prevención de incendios (Forvalue) co que se está a traballar en Parada de Tenorio.

“Estamos realizando unha aposta seria e decidida polo mundo rural para que a nosa xente teña posibilidades e poida quedarse no territorio. Deste xeito non so se fixa poboación senón que atopamos no medio natural un recurso económico para que moitas familias atopen no aproveitamento agrogandeiro das nosas terras un xeito de vida”, indicou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

O rexedor agradeceu tamén á Dirección Xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, a súa implicación e colaboración na posta en marcha destas iniciativas que non so lle dan unha segunda vida aos montes senón que son unha oportunidade real de empregabilidade e rendemento económico para as familias que deciden apostar polo rural e por este tipo de actividades agrogandeiras.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas