Home Pontevedra Deza Taboada leva ao pleno un orzamento realista e transparente

Taboada leva ao pleno un orzamento realista e transparente

- Anuncio -
  • É vergoñoso que Otero sexa o que culpa a Taboada de que o orzamento descendese este ano, cando a razón de que isto suceda só é culpa dos seus case 30 anos de mandato, e o inflado do último orzamento do 2019.
  • Nos case 30 anos de goberno do PP con Otero en fronte, pasouse de 8.419 habitantes aos 5.246 cando os veciños e veciñas botárono do concello, do mesmo xeito que fan agora os seus compañeiros de goberno que non queren ir con el nin á esquina.

Taboada ante as últimas declaracións de Otero, só ratifica a súa boa xestión e transparencia no goberno e lémbralle “que non se pode perder o que un non ten” con respecto aos comentarios de Otero nos medios de comunicación acusándoo de que perdera seis millóns de euros de investimentos, é máis Taboada rétao a que especifique cales foron eses investimentos perdidos, importes e as causas, a ver se tamén nesas explicacións Otero dille aos seus veciños e veciñas que se nos negou unha subvención de máis dun millón de euros que Taboada solicitara para reformar completamente o auditorio de Merza, e da que houbo que desistir porque no inventario do concello non consta como propiedade do concello o inmoble, polo visto  Otero esqueceu rexistralo no seu día e iso cústanos o non poder recibir esa subvención.

Pero Taboada está totalmente tranquilo ante os comentarios de Otero que presume agora na oposición do que nunca foi capaz de facer cando gobernaba, como prometer hai uns días que co apoio da Xunta de Galicia ía construír unha ponte en Portodemouros, cando en case 30 anos do seu goberno, non foi capaz nin de poñer unhas luces no acceso, que o tivo que facer Taboada neste mandato, por suposto o señor Otero demostra unha vez máis que é un mentireiro compulsivo, ao afirmar que Taboada non solicita subvencións e aínda por encima que as perde, para o que Taboada tira de hemeroteca e aconséllalle a Otero que non estea tan nervioso agora que se achegan as eleccións e que explique porque a Xunta nos seus orzamentos non conta con Vila de Cruces, que se podería dicir que é neste mandato, pero tampouco o facía cando gobernaba o PP con Otero á fronte, en cambio, Taboada está a realizar investimentos millonarios como a reforma da C/ Vázquez, ou a senda do Instituto e grazas á xestión de Xuntos, por moito que lle doia a Otero.

Taboada culpa a Otero de que o orzamento se haxa reducido en 500.000 euros, en primeiro lugar porque o orzamento do ano 2019 non era real e estaba inflado xa que Otero non conta que no ano 2018 o orzamento era de 3.800.000 euros que inflou no 2019 ata os 4.760.000 euros porque era ano electoral, cousa que Taboada non fai, ademais cabe lembrar que os orzamentos reciben ingresos segundo os habitantes, uns habitantes que en 1990 cando empezou a gobernar Otero eran de 8.419 persoas e que tras o paso de Otero polo poder durante case 30 anos logrou perder habitantes día a día, e que se fosen máis de 3.000 veciños quedando a cifra en 5.246 persoas, algo que afecta notablemente os ingresos do consistorio e ao poder de Cruces na comarca.

Taboada agradécelle a Otero que coas súas palabras fágalle ver aos veciños e veciñas de Vila de Cruces que, aínda tendo poucos recursos, Taboada realiza rozas, sendas, repara camiños e realiza eventos e conciliacións de todo tipo, ao contrario que facía Otero nos seus mandatos, e Taboada do mesmo xeito que os veciños e veciñas de Cruces pregúntase onde están investidos todos os millóns que pasaron polas súas mans en 30 anos?

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas