Home Ourense O Carballiño Propaganda e falta de transparencia no Irixo

Propaganda e falta de transparencia no Irixo

- Anuncio -

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta que o goberno municipal do Irixo co alcalde a cabeza basase na propaganda e a falta de transparencia máis absoluta mentres despilfarra o diñeiro público

Lamentan os socialistas que mentres os pobos do Irixo esmorecen coa falta de servizos básicos o alcalde do Irixo salte de festa en festa como o xogo da oca e cada día festexa porque lle toca.

Lamentan os socialistas que o alcalde do Irixo se especializase en festas e propaganda que nada aportan a calidade de vida da veciñanza e dos pobos do Irixo pero si gastos que poderían ser destinados a outras actuacións, sobre todo a cubrir a falla de servizos básicos nos pobos.

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia ademáis a falta de transparencia do goberno municipal non dando acceso os expedientes e as facturas do concello dende fai mais de 5 meses.

Mentres o alcalde anda de festa en festa nega o acceso para que os socialistas coñezan como se gastou ou despilfarrou o diñeiro público do concello. Non deixa ver entre outros, os expedientes;

  • Xustificantes/facturas da conta xeral do ano 2021.
  • Compra/venta de castañas e comercialización, fabricación de fariña, etc.,
  • “Feira do Tellado” e “Festa do Cabalo” 2022.
  • “Marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”.
  • Programación e/ou concertos, actuacións e/ou actividades verán 2022.
  • Contratación de persoal do concello.
  • Obradoiro de emprego.
  • E os expediente de diferentes obras e gastos, entre outros… Unha mostra máis do desgoberno, do despilfarro e a mala xestión deste alcalde e o seu grupo de goberno.

Relacionadas

Óscar López e Asociación Cultural Auriense obteñen os primeiros premios do concurso dos maios...

0
Os galardóns ás mellores coplas foron para Auriense (persoas adultas) e a AFA do CEIP Saco e Arte (infantil), e o do maio infantil...

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

Publicacións Relacionadas