HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela recibe á Plantaforma Cerdedo pola Sanidad Pública e explícalle as xestións...

Cubela recibe á Plantaforma Cerdedo pola Sanidad Pública e explícalle as xestións realizadas para solucionar as ausencias do médico por horas sindicais

- Anuncio -spot_img

• O rexedor escoitou tamén as peticións realizadas por este colectivo e tomou nota das queixas sobre a maneira de actuar deste facultativo

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, recibiu a membros da Plataforma Cerdedo pola Sanidade Pública e trasladoulle unha completa información sobre as xestións, trámites e presións realizadas ante as autoridades sanitarias co fin de buscar unha alternativa satisfactoria ante as continuas ausencias do médico do Centro de Saúde ao facer efectivas de xeito reiterado as horas ás que ten dereito por ser representante sindical.

Ante este problema, Jorge Cubela explicoulles que, cando se produciran estas ausencias, se conseguira do Sergas a apertura dunha quenda pola tarde para que os pacientes do médico que é representante sindical poideran ser atendidos.

Ademais, Cubela reiterou diante dos membros da Plataforma os esforzos que se están a levar desde o Concello para reclamar a recuperación do horario pediátrico no Centro de Saúde de Cerdedo.

Por outra banda, a Plataforma traladoulle ao alcalde as súas queixas pola situación que estaba a provocar a ausencia do médico que é representante sindical e tamén reclamaron maior atención presencial dos facultativos, recuperar o servizo de matrona, que agora se presta en Forcarei dous días á semana, mellorar o servizo de recollida en taxi dos médicos que realizan visitas domiciliarias e pediron unha ambulancia medicalizada para Cerdedo.

Jorge Cubela manifestoulles o seu compromiso coa sanidade pública e trasladoulle as dificultades para dispoñer de máis médicos e pediatras pola falta de profesionais ao tempo que lles recordou que é competencia do Ministerio de Sanidade de abrir e ampliar o cupo formativo de médicos e do MIR para poder paliar as carencias que se están detectando desde hai tempo.

Cubela díxolles que seguiría facendo xestións ante o Sergas para mellorar a atención sanitaria en Cerdedo e tamén en todo o concello porque era un dos seus “compromisos irrenunciables e polos que levo tempo traballando dentro das posibilidades reais coas que nos enfrontamos. Non descoidamos nin escatimamos un so esforzo para buscar solucións a un problema que afecta non so a toda Galicia senón a toda España”, indicou o alcalde.

Publicacións Relacionadas