Home Pontevedra O BNG de Vigo critica a negativa de Caballero a escoitar no...

O BNG de Vigo critica a negativa de Caballero a escoitar no Pleno á veciñanza afectada polo vial de Beade

- Anuncio -

A fronte nacionalista reitera a súa oposición á PO-010 e afea que desaloxara da sesión plenaria ás representantes da Plataforma de Afectados polo Vial de Beade (Avibe), que levan un ano reclamando sen éxito unha xuntanza co rexedor

Xabier P. Igrexas: “A veciñanza demanda algo tan esencial en democracia como seren escoitadas por un alcalde que presume de dialogar con todo o mundo pero que en realidade só fala consigo mesmo”

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo critica a negativa do alcalde, Abel Caballero, a escoitar no Pleno á veciñanza afectada polo vial de Beade. A fronte nacionalista afea que ás representantes da Plataforma de Afectados polo Vial de Beade (Avibe) foran desaloxadas por un amplo dispositivo policial da sesión ordinaria celebrada este mércores e tras máis dun ano reclamando sen éxito unha xuntanza co rexedor.

“A veciñanza demanda algo tan esencial en democracia como seren escoitadas por un alcalde que presume de dialogar con todo o mundo pero que en realidade só fala consigo mesmo”, reprochou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en resposta á afirmación de Caballero de que o obxectivo da Plataforma era ser expulsada do Pleno.

O edil nacionalista reiterou a esixencia ao alcalde de que atenda á veciñanza afectada por un vial que cualificou de “innecesario, sen financiamento e que ameaza con tronzar varias parroquias do rural” da cidade, como Beade, Bembrive, Matamá e Sárdoma. “Iso é o que ten que facer en vez de o xordo ou afear que veciñas e veciños intenten facerse escoitar”.

Igrexas volveu demandar a retirada no novo PXOM deste proxecto vial de alta capacidade polas graves afeccións do trazado previsto, entre elas a posibilidade de que acaben sendo expropiadas 40 vivendas, algunhas delas construídas con recente licenza municipal, e os importantes impactos ambientais sobre a contorna que, en opinión do Bloque, é un espazo natural de importancia que Vigo ten que conservar.

O concelleiro do BNG volveu acusar ao goberno de Caballero de querer “impoñer” este vial malia a ampla oposición veciñal, e sinalou este caso como unha evidencia máis das numerosas eivas do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. “É un exemplo claro de como non se debe elaborar un novo PXOM: redactado na escuridade dos despachos, sen diálogo, participación, nin transparencia”, remachou.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas