Home Pontevedra O Campo de Fútbol de Chapela pasa a ser propiedade do Concello...

O Campo de Fútbol de Chapela pasa a ser propiedade do Concello de Redondela

- Anuncio -

A Comunidade de Montes de Chapela cede o campo de fútbol ao Concello de Redondela para asegurar ao Chapela C.F. o seu uso gratuito e mantemento.

A alcaldesa, Digna Rivas, vén de asinar un documento de compromiso coa entidade Chapela C. F. para garantir o mantemento e uso gratuito das instalacións do Campo de Fútbol de Chapela por parte dos máis de 200 socios e socias que ten o club repartidos en equipos de tódalas categorías.
Segundo Rivas a intención é “cumprir co compromiso que tiña este goberno cos deportistas redondeláns. A nosa intención é garantir unha mellora das instalacións á vez que ceder o uso do espazo de forma gratuita para o goce dos veciños e veciñas de Chapela e das parroquias próximas”.
A Comunidade de Montes de Chapela, onde se ubica o campo, acordou a cesión gratuita dos terrenos, requisito indispensable para a execución das obras de mantemento. O Concello de Redondela investirá 300.000 no proxecto de mellora do campo de fútbol, comezando pola substitución do céspede artificial por un novo, xa que este atópase en moi malas condicións. A rexidora explicaba que “O Chapela C. F. levaba dous anos reivindicando axudas e melloras para o campo, pero non podiamos actuar ata ter a cesión dos terreos. Agora que son da nosa propiedade investiremos o que sexa necesario para aumentar a calidade da experiencia da veciñanza”.
A rexidora local asinou o documento xunto co representante do club José Benito Hermida González, no que acordou permitir gratuitamente á entidade Chapela C.F o uso das instalacións emprazadas nas parcelas cedidas pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chapela. Entre as instalacións cóntase o almacén, as oficinas, o ximnasio, ou os vestiarios. Ademais, O Chapela C.F terá prioridade nos horarios de entrenamentos, torneos e partidos para todas as súas categorías, non puidendo compartir ó mesmo tempo o campo con ningún outro club de fútbol.
Neste campo celébranse torneos anuais de gran importancia, para os que veñen clubs de distintos municipios. A súa adquisición é moi significativa para o concello e a alcaldesa non se olvida de agradecer “á Comunidade de Montes de Chapela a cesión dos terreos, o traballo e tempo invertido en facer posible que este concello dispoña do seu terceiro campo de fútbol público, xunto co Campo do Choco e o Campo de A Gándara (O Viso)”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas