Home Ourense O Concello aposta por darlle un impulso decisivo ao piragüismo na cidade,...

O Concello aposta por darlle un impulso decisivo ao piragüismo na cidade, coa creación dun canal de slálom de competición na zona de Oira

- Anuncio -

O alcalde recibiu os presidentes da Federación Galega e do Club Piragüismo Ourense, e confía que esta instalación supoña un “punto de inflexión” similar ao que supuxo a pista de atletismo de Expourense.

O Concello pedirá a implicación de todas as administracións nun proxecto de 1,5 millóns de euros “que atraería deportistas de todo o mundo”

O Concello de Ourense aposta por darlle un impulso decisivo á práctica do piragüismo na cidade, coa creación dun slálom olímpico de competición na zona de Oira. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García, o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández Bermejo, e o tesoureiro do club, Santiago Carvajal, e trasladoulles o apoio do Concello a esta iniciativa que, a xuízo do rexedor, pode supor un “punto de inflexión” para o deporte na cidade, similar ao que supuxo no seu día a pista de atletismo de Expourense, que desde a súa entrada en servizo converteu a cidade en habitual escenario de competicións deportivas do máis alto nivel.

O Concello pedirá a implicación de todas as administracións nun proxecto de 1,5 millóns de euros que “atraería deportistas de todo o mundo”, destacou o alcalde. Pérez Jácome avanzou que serán varias as liñas de actuación que desenvolverá o Concello para materializar unha “aposta importante polo piragüismo”. Por unha banda, o Concello pedirá a implicación da Xunta de Galicia, do Consello Superior de Deportes, da Confederación Hidrográfica e da Deputación Provincial para, xunto ao Concello de Ourense, poñer en marcha un canal de slálom olímpico, aproveitando as condicións únicas de caudal e cotas que se dan na zona de Oira.

Por outra banda, o Concello tamén promoverá unha importante mellora das instalacións coas que conta o Club Piragüismo Ourense, cun pantalán, un ximnasio e uns vestiarios na zona de Velle, e consolidará a súa aposta polo Descenso do Miño e outras probas similares, actividades de referencia que xa vén apoiando na actualidade.

Relacionadas

La huella en Ourense del Zamora 8, editado pola Deputación, é “un libro...

0
O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe esta publicación xunto ao subdelegado de defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; ao suboficial maior do Rexemento...

Luis Menor agradece á Fundación Signo a elección de Ourense como sede das súas...

0
As XXVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde, de carácter nacional e organizadas pola Fundación Signo, comezaron hoxe en Ourense e desenvolveranse ata...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

Publicacións Relacionadas