Home Pontevedra A Paradanta Participa no deseño do VII Plan de Formación do Concello de Covelo

Participa no deseño do VII Plan de Formación do Concello de Covelo

- Anuncio -

A concellería de Emprego e Formación abre o prazo de participación veciñal para determinar os cursos

A concellería de Emprego e Formación, que dirixe Lourdes Enes, informa que xa está en marcha a enquisa do proceso de participación veciñal do VII Plan de Formación 2023.

Os orzamentos do Concello contemplan por sétimo ano consecutivo unha partida orzamentaria para a execución do Plan de Formación dirixido á veciñanza do Concello, con preferencia para as persoas desempregadas.

“Co obxecto de determinar os cursos máis axeitados e a programación ao longo do ano, sométese o plan a consulta pública para que tódalas persoas interesadas poidan facer as súas propostas tanto das temáticas dos cursos que lle gostaría facer como da calendarización”, explica a concelleira.

A cidadanía poderá elixir entre os cursos de acompañante de transporte escolar, alfabetización dixital, busca de emprego, contabilidade, informática, manipulador de alimentos, primeiros auxilios, operador/a apilador-transpalet eléctrico, operador/a de carretillas elevadoras, operador/a de ponte grúa, primeiros auxilios e xestión de stock e control de almacén. Como novidade preséntase o curso de apicultura de alto interese na zona dadas as características medioambientais de Covelo e que pode supor un bo aproveitamento dos recursos naturais obtendo produtos de alta calidade.

As persoas dispoñen de distintos xeitos de participar, poden cubrir a enquisa e presentala a través do correo electrónico covelo.culturalourdesenes@gmail.com, ou a través da sede electrónica na páxina web www.concellodecovelo.es ou nas oficinas de rexistro do Concello de Covelo ata as 14 h do 10 de febreiro de 2023.

“A intención é deseñar plans efectivos que cubran as necesidades das persoas e os sitúen nunha mellor plataforma de acceso ao mercado laboral”, conclúe Lourdes Enes.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas