Home Pontevedra COGAMI inicia en Vigo un programa de emprego para aumentar as posibilidades...

COGAMI inicia en Vigo un programa de emprego para aumentar as posibilidades de inserción laboral das persoas con discapacidade

- Anuncio -

Denominado POISES, este programa pretende mellorar a inserción sociolaboral de persoas con discapacidade a través do trazado de itinerarios integrados e personalizados.

Co fin de mellorar a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia nas instalacións que ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº15, baixo, Navia) o Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) no que participan 25 persoas co certificado de discapacidade e en situación activa de busca de emprego.
A través deste programa, que cofinancian Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo, as persoas participantes contarán coa atención personalizada e individualizada dun técnico de orientación laboral de COGAMI que asesorará e acompañará á persoa nesta busca de emprego a través do trazado de itinerarios de inserción. Este itinerario personalizado realizarase despois dunha entrevista inicial coa persoa, que servirá para recoller as necesidades e as actuacións que serán necesarias para que a persoa poida conseguir o obxectivo final deste programa: a inserción laboral.
Cunha duración de nove meses, este programa parte de que tralo seu paso, como mínimo, o 45% das persoas participantes teñen que lograr a inserción, por iso é necesario formalas e capacitalas, aumentarlles o nivel de autonomía na busca deste emprego e acompañalas en todo este proceso de preparación.
A persoa terá a oportunidade de formarse en competencias transversais e habilidades xerais para o emprego, ademais de recibir formación específica para o desenvolvemento do posto de traballo. O programa ofrecerá un mínimo de 85 horas formativas dando prioridade ás que se poidan realizar nos postos de traballo.
Outra acción importante está relacionada coa prospección laboral ou busca de ofertas de emprego, que se realizará tras contactar coas empresas do territorio a través de visitas para captar posibles ofertas e tamén mediante o exercicio de sensibilización en materia de contratación de persoas con discapacidade. Un punto importante durante estas entrevistas é que a persoa estea preparada cando se presenta aos procesos de selección. O programa POISES contempla a simulación de entrevistas de traballo para que a persoa confíe nas súas capacidades á hora de enfrontarse á persoa entrevistadora.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas