Home O Morrazo Marín Marín amosa o seu apoio ás vítimas de agresores sexuais e reclama...

Marín amosa o seu apoio ás vítimas de agresores sexuais e reclama a Sánchez que corrixa a lei do só si é si

- Anuncio -

● María Ramallo: “Non hai que ser nin orgulloso nin soberbio. Cando un comete un erro, o máis fácil é rectificar”.

O Partido Popular e os veciños de Marín mostraron hoxe a través dunha concentración neste concello o seu apoio ás vítimas de agresores sexuais, reclamando a Sánchez unha rectificación urxente da lei do só si é si e o cesamento inmediato da ministra de Igualdade. Co lema Sánchez, polas vítimas, rectificación si ou si, os presentes quixeron poñer de manifesto a súa repulsa cara ás consecuencias que está a ter a aplicación desta lei.

“Utilizamos este momento para lanzar un grito e esixir que se corrixa esta situación con urxencia”, sinalou a alcaldesa María Ramallo, recordando que Marín é un dos concellos que hai só uns días tivo que comprobar como unha das revisións de condenas reducía a pena dun violador. “Os datos están aí, e non se pode permitir que continúe habendo redución de condenas en delitos tan graves. Nós que tanto tempo insistimos e nos solidarizamos coas vítimas, temos que pedir rectificacións. E está na man do goberno cambiar esta situación. Non hai que ser nin orgulloso nin soberbio. Cando un comete un erro, o máis fácil é rectificar. Sobre todo si ese erro está producindo dano e dor ás vítimas”.

Xunto coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, participaron na concentración o presidente provincial do partido, Luis López, a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, así como a vicesecretaria de Igualdade do PPdeG, Raquel Touriño, entre outros veciños. Recordaron que en Galicia 30 agresores sexuais galegos xa viron rebaixadas as súas condenas, 12 deles na provincia de Pontevedra, dos que un condenado xa foi excarcelado.

“Ninguén se merece, e moito menos as vítimas, ver como cada día a revisión de condenas vai en aumento. Cada rebaixa de pena é unha inxustiza”, e por iso, os populares din que “seguiremos alzando a voz. Neste tema hai que ser serio e concluínte. Hai que corrixir canto antes unha lei que está desprotexendo ás mulleres e ás vítimas”.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas