HomePontevedraPoioCharla sobre a campaña solidaria "Eu son Gaiat@" para o alumnado do...

Charla sobre a campaña solidaria “Eu son Gaiat@” para o alumnado do IES

- Anuncio -spot_img

• A directora do CIM, Raquel Morales, compartiu cos e coas estudantes do instituto a súa experiencia no traballo de campo realizado no país africano e explicou as pautas da iniciativa que organizará o Concello para recadar fondos para o orfanato ‘Casa do Gaiato’

O alumnado do IES de Poio participou este xoves nunha charla impartida pola directora do Centro de Información á Muller, Raquel Morales, que versou sobre a inminente campaña solidaria ‘Eu son Gaiat@’, que o Concello de Poio impulsará a partir da vindeira semana con motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz e que servirá para xuntar fondos co obxectivo de axudar ao orfanato Casa do Gaiato de Mozambique. Morales compartiu cos e coas estudantes as súas experiencias recollidas durante o traballo de campo que desenvolveu durante varias semanas no país africano, a través dun programa organizado polo Fondo Galego de Cooperación, do cal forma parte o Concello desde hai máis de 20 anos.

Cómpre lembrar que esta iniciativa altruísta buscará achegas económicas para enviar á ONG Mozambique SUR, que será a encargada de xestionar os fondos para axudar aos máis de 150 mozos e mozas do orfanato do Gaiato. “Son crianzas, rapaces e rapazas que non teñen familia, vítimas do SIDA e dos conflitos bélicos”, lembra Raquel Morales. Tanto no IES como no resto de centros educativos habilitaranse os ‘Rincóns Gaiato’, con furnas para depositar as achegas por parte do alumnado. A campaña comezará o luns 30 e finalizará o venres 3 de febreiro. Na organización desta campaña traballan de xeito transversal as áreas de Educación, Cultura, Igualdade, Deportes, Benestar Social e Mocidade.

Publicacións Relacionadas