Home Pontevedra A humanización do vial ao Picho entra na fase final co acondicionamento...

A humanización do vial ao Picho entra na fase final co acondicionamento das cunetas

- Anuncio -

A estrada, que parte do Toural, conta xa cunha senda para peóns, elementos de calmado do tráfico, sinalización horizontal de velocidade e adoquinado dalgún entorno

O humanización do vial do Toural a O Picho entra na súa fase final co acondicionamento das cunetas, recubrindoas nalgúns tramos de pedra rústica para facilitar a canalización das augas pluviais fora do asfalto e co acondicionamento do acceso ás fincas.

O Concello destinou a estas tarefas unha partida de 10.000 euros, que permitiron tamén dotar de pavimento compactado un tramo de 525 metros, así como a colocación de 12 balizas cunha visibilidade de 360 grados para mellorar a seguridade da circulación. Estas melloras perfeccionan unha obra da que xa levan meses gozando os veciños desta contorna e que convertiu unha estreita e insegura estrada interior nun vial coa velocidade delimitada a 30 kilómetros por hora, con aceras nos tramos nos que o ancho o permitiu, adoquinado dalgúns entornos e sobre todo, a corrección de perigos nalgunha curva. Deste xeito o vial conta agora cunha senda perfectamente delimitada e visible.

A reforma integral deste vial confirma a aposta do Concello de Vilaboa de converter a zona de O Toural no núcleo de centralidade, xa que concentra todos os servizos administrativos, sanitarios e educativos e acollerá tamén o futuro tanatorio que impulsan os comuneiros.

Estas últimas melloras completan o proxecto executado e no contou cun orzamento de 83.256,68 euros, que permitiu renovar o firme e incluir elementos de humanización en todo o trazado.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, destaca que o futuro do municipio pasa polo desenvolvemento dun área industrial e a aposta por chan residencial partindo dun núcleo central que é O Toural. “A mellora deste camiño está enmarcada nese ambicioso proxecto”, destacou, pois “O Toural ten que ter unha rede viaria en condicións, que facilite o tráfico rodado pero sen esquecer aos veciños”. “Vai ser o noso núcleo de referencia e iso ten que apreciarse tamén na estética, por iso esta actuación presta atención a diversos elementos humanizadores da contorna”, engadiu.
A mellora do vial do Picho, aproveitada polo Concello para a restauración de varios elementos patrimoniais, simboliza o proxecto global de César Poza para o municipio no que a materia de seguridade vial se refire. “Ainda que a nosa rede viaria é moi extensa a nosa intención é ir actuando nesta liña de gañar seguridade para os peóns, introducindo elementos de calmado de tráfico, e apostando polo adoquinado naquelas zonas que maior concentración de vivendas”.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas