Home Pontevedra A OMIC de Salceda atendeu preto das 500 consultas durante o ano...

A OMIC de Salceda atendeu preto das 500 consultas durante o ano 2022

- Anuncio -

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Salceda de Caselas (OMIC), coordinada dende a concellería de comercio que dirixe a alcaldesa Verónica Tourón, recibiu o longo do ano 2022 preto de 500 consultas relacionados con temas sobre garantías, dereitos dos consumidores, reparación de bens consumibles, revogacións de contratos, etc. A súa tarefa nestes casos foi a de informar, mediar ou derivar ao Instituto Galego de Consumo para que inicie os correspondentes expedientes. Esta oficina está situada na Casa da Cultura Castelao e é atendida por un técnico municipal de consumo.
A súa vez tramitou un total de 150 expedientes de reclamacións ao Instituto Galego de Consumo (IGC), para que este organismo dependente da Consellería de Economía e Industria decidise se ditas reclamacións se someterían a mediación previa, a Arbitraxe de Consumo ou se resolverían mediante outro tipo de vía administrativa.

Así mesmo se remitiron a outros organismos de mediación públicos un total de 70 reclamacións. Ao Departamento de Conducta e Reclamacións do Banco de España as reclamacións bancarias; A Secretaría de Estado de Telecomunicacións as compañías telefónicas que non se someten a “xurisdición” galega; A Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións do Ministerio de Economía e Industria as reclamacións as compañías de seguros; A AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea) as reclamacións contra as Compañías Aéreas, etc.

Por apartados, resaltar que das 150 reclamacións este ano foi sen dúbida o das compañías eléctricas e as de gas, debido aos prezos desorbitados e os cambios de contrato sen previo aviso. Se recolleron un total de 50 reclamacións relacionadas co Gas e a Electricidade. O segundo lugar o ocupan as compañías de telefonía móbil, fixa e Internet tal e como ben sendo habitual nos últimos anos tamén nas consultas, cun total de 45 expedientes. A continuación as tendas físicas con 20, os bancos con 15, as tendas on-line, as compañías aéreas, a venta a domicilio, e por último as academias a distancia, os talleres, empresas de transporte, as compañías de seguro, etc.

Con respecto aos anos anteriores, no ano 2022 se mantivo o número de reclamacións, pero aumentou considerablemente o número de consultas no servizo. Salientar que o 75 % da poboación atendida é residente no municipio de Salceda de Caselas e o 25 % restante pertence aos concellos veciños de O Porriño, Salvaterra de Miño, Tui e Ponteareas.
Resaltar por último que a OMIC de Salceda de Caselas a través do seu técnico responsable é membro do Consello Reitor do INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA, pois leva dende o ano 2000 ofrecendo este servizo no Concello.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas