Home Ourense A Limia Manuel Baltar avanza o apoio da Deputación a novos proxectos propostos polos...

Manuel Baltar avanza o apoio da Deputación a novos proxectos propostos polos concellos de San Amaro, Vilar de Barrio, Verea, A Mezquita e Montederramo

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial mantivo ao longo desta mañá reunións de traballo con Fernando Redondo, Manuel Conde, José Antonio Pérez, Rafael Pérez e Antonio Rodríguez para implementar novas liñas de colaboración

“Como administración máis próxima aos gobernos locais, un dos nosos eixos fundamentais é escoitar as necesidades dos concellos da man dos seus máximos representantes e contribuír a resolvelas”, recalca Manuel Baltar

O presidente da Deputación avanzou aos rexedores o apoio a iniciativas perfiladas arredor da mellora das infraestruturas públicas, servizos, saneamento ou eficiencia enerxética: “Con esta cooperación, a Deputación contribúe a fornecer o benestar dos concellos a través de apostas de futuro dos seus alcaldes”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo ao longo desta mañá reunións de traballo no Pazo Provincial cos alcaldes de San Amaro -Fernando Redondo-; Vilar de Barrio -Manuel Conde-; Verea -José Antonio Pérez-; A Mezquita -Rafael Pérez-; e Montederramo -Antonio Rodríguez-, co fin de avaliar os proxectos xa realizados dentro da colaboración entre a administración provincial e local e trazar novas liñas de cooperación a materializar nos próximos meses.

Manuel Baltar define as cinco xuntanzas como “moi frutíferas” e as enmarca dentro da “estreita colaboración que mantemos cos gobernos locais de toda a provincia”. Os concellos, explica o presidente do goberno provincial, “son a administración máis próxima a veciñanza, e a administración máis próxima aos concellos é a Deputación. No noso ADN está a cooperación e atender as peticións consideradas como prioritaras polos alcaldes segundo a súa acción de goberno”.

“A Deputación, con estes apoios económicos, contribúe a fornecer o benestar destes concellos a través de apostas de futuro dos seus alcaldes. E aí vai estar este goberno provincial”, recalca Manuel Baltar antes de por en valor á importancia da xestión económica da administración provincial como ferramenta chave nesta colaboración: “Un dos eixes fundamentais da Deputación está aquí; en escoitar da man dos máximos representantes dos concellos de toda a provincia as súas necesidades e contribuír a resolvelas dun xeito rápido e eficaz, grazas á débeda cero e o excelente traballo do persoal da administración provincial”.

O presidente da Deputación de Ourense avanzou o compromiso do goberno provincial con iniciativas presentadas esta mañá polos rexedores, perfiladas arredor da mellora das infraestruturas públicas, servizos, saneamento ou eficiencia enerxética.

En San Amaro, a Deputación colaborará co proxecto de mellora enerxética de Eiras, co que se renovará o alumeado público desta parroquia. Ademais, cooperará na mellora dos firmes das estradas das parroquias de San Amaro e Beariz.

En Vilar de Barrio, a Deputación de Ourense colaborará co Concello e a Confederación Hidrográfica Miño – Sil no saneamento integral do río Arnoia ao seu paso por Arnuide.

En Verea, a Deputación de Ourense colaborará co Concello comprometéndose a instalar a cuberta do fogar residencial, iniciado con fondos municipais.

Na Mezquita, a Deputación de Ourense colaborará na segunda fase dun viveiro de prantas de castiñeiro e cos proxectos de actualización do inventario de bens e a sinalización das rúas do municipio.

Por último, en Montederramo a Deputación de Ourense reforzará o seu compromiso no apoio a proxectos vencellados cos servizos públicos.

Relacionadas

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao sector agrario e gandeiro da provincia...

0
O presidente provincial asina co director da Fundación, Ricardo Durán, un convenio para cooperar na organización de feiras e mercados agrarios que potencien a...

Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

Publicacións Relacionadas