Home O Morrazo Marín Marín consegue chegar ao 50% da execución da Pavimentación de Camiños Rurais...

Marín consegue chegar ao 50% da execución da Pavimentación de Camiños Rurais a pesar do mal tempo destes últimos meses

- Anuncio -

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, ve moi positivo como se está a proceder con esta actuación, que xa chegou a cinco dos 11 camiños beneficiados.

O mal tempo e as inclemencias meteorolóxicas destes últimos meses non están a supoñer un freo para a execución do proxecto de pavimentación de camiños rurais que se está a levar a cabo este ano na nosa vila e que pretende mellorar e poñer a punto todas as vías de comunicación que son esenciais para o rural marinense.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou esta mañá de que xa se actuou nos camiños de Pena-Caeiro, Ameal-Oubiña, O Pozo e Saíde. Nestes momentos, os operarios están traballando no Pereiro.

En total, investiranse cerca de 200.000 euros, con cargo ao Plan Concellos, para poder abarcar os 11 camiños beneficiados nesta actuación, que xunto cos que xa executados son os de O Carregal, Cruceiro do Vento, O Castro, O Barrio-A Brea, Sobreiras, O Pereiro e Loira.

“Facemos un moi bo balance de como van avanzando estas obras, posto que o mal tempo normalmente retrasa moito os traballos de pavimentación e fumos quen de manter os prazos relativamente estables a pesar do mal tempo dos últimos meses”, engadiu o edil.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas