Home Pontevedra O Condado Contacontos en homenaxe a Castelao en Ponteareas co ‘Periplo Atlántico’ de Polo...

Contacontos en homenaxe a Castelao en Ponteareas co ‘Periplo Atlántico’ de Polo correo do Vento

- Anuncio -

Terá lugar o vindeiro 30 de xaneiro ás 17.30 horas na biblioteca municipal ao abeiro da programación do Concello polo ‘Día de Castelao’

A figura de Castelao seguirá moi presente en Ponteareas nos vindeiros días. O vindeiro luns 30 de xaneiro e ao abeiro da programación de actividades organizadas co gallo do ‘Día de Castelao’, o Concello organiza na biblioteca municipal un contacontos que quere servir como unha pequena homenaxe a este pensador, escritor e artista galego.
Durante a sesión, Polo correo do Vento escenificará o seu contacontos ‘Periplo Atlántico’, unha adaptación moi libre do relato de Castelao ‘O negriño panchiño’. Nenos e nenas poderán gozar dunha historia que ten como protagonista un pingüín moi simpático con tanto afán por coñecer o mundo que se embarca de polizón nunha viaxe que cambiará para sempre o seu destino.

O contacontos será ás 17.30 horas con entrada libre ata completar aforo. Tras esta actividade, ás 18.30 horas celebrarase unha ofrenda floral na Avenida de Castelao, ao carón da placa na honra do escritor, que estará amenizada polos gaiteiros dos Muíños de Oliveira.
O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a todas e todos os ponteareáns a participar neste contacontos, así como no amplo programa de actividades co que o Concello procura homenaxear a este pensador, escritor e artista galego e seguir difundindo a súa obra e o seu quefacer en moi diversas facetas.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas