Home O Salnés O Grove O PP destaca o magnífico traballo da Consellería de Cultura en Adro...

O PP destaca o magnífico traballo da Consellería de Cultura en Adro Vello

- Anuncio -

• Pide ao Concello do Grove que se poña ao carón do Goberno galego e se implique decididamente no proxecto e empurre na mesma dirección.

O Partido Popular do Grove amosa a súa satisfacción pola declaración de Adro Vello como BIC e destaca o magnífico traballo da Consellería de Cultura co xacemento. “Tanto nos despachos, dando pasos firmes que dotan a este lugar da máxima protección, como no propio xacemento, onde o se está dando pasos para a posta en valor dun dos tesouros arqueolóxicos máis interesantes de Galicia”.

Nesta liña, o candidato popular Pablo Leiva destaca que “hai que alegrarse ademais de que os traballos continúen cunha nova campaña de escavacións e de estudo no verán, que van dar outro pulo importante a este xacemento e nos aproxima a conseguir un obxectivo moi anhelado polos grovenses”.

Desde o PP recordan que o Conselleiro de Cultura Román Rodríguez comprometeuse en febreiro de 2020 con Adro Vello, e desde entón está empurrando e liderando con forza este proxecto.

Con todo, esperan que o Concello do Grove, o Goberno central e a Deputación de Pontevedra dean un paso ao fronte e se impliquen en Adro Vello, unha implicación real, máis aló de esixirlle aos demais. Recordan os populares que Adro Vello é propiedade de Costas do Estado e que o xestor e responsable da limpeza é o Concello do Grove. Polo tanto, eles son quen teñen competencias no lugar. E reclaman tamén á Deputación de Pontevedra que actúe en Adro Vello coa mesma dilixencia que fixo noutros castros da provincia grazas a un convenio asinado con Fomento en 2015. Nesta liña, recordan que hai unha concelleira socialista do Grove que é deputada provincial, e aínda así, a actuación da institución provincial no castro ata o de agora foi nula. Por iso, unha vez que o Goberno galego toma a iniciativa, o resto de administracións colaboren de forma estreita e decidida poñéndose ao carón da Xunta de Galicia e empurrando na mesma dirección.

Por último, desde o PP local aproveitan para felicitar ao Náutico de Pedras Negras e á parroquia de San Vicente, que liderando aos veciños, impulsaron o expediente de protección desta interesante área do noso concello.

Relacionadas

A Concellería de Turismo realiza unhas visitas guiadas na península de Santa Marta “Seguindo...

0
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural...

O pleno da corporación aproba varias mocións con peticións cidadás

0
• Entre as propostas estaban, entre outras, a reivindicación sobre a mellora integral da praia de Pescadoira ou a reclamación á Xunta de Galicia...

A Deputación de Pontevedra convida a Antón Pulido a participar en “Conversas con arte”

0
A conferencia do artista terá lugar o próximo martes, 14 de maio, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo provincial coa presenza...

As competicións de atletismo e xedrez de Abanca Semana Verde volven en 2024 xa...

0
A CARREIRA POPULAR CHEGA Á SÚA NOVENA EDICIÓN E O OPEN DE XADREZ Á QUINTA, ESTANDO ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA PARTICIPAR EN AMBAS CITAS TERÁN...

O Concello de Nigrán inicia este xoves coa súa primeira celebración oficial da festa...

0
O muíño de Porto do Molle será o epicentro de gran parte das actividades programadas en homenaxe a Luísa Villalta e de exaltación da...

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

Publicacións Relacionadas