HomePontevedraO SX Regades informa sobre a repercusión da suba das pensións na...

O SX Regades informa sobre a repercusión da suba das pensións na provincia de Pontevedra xunto aos deputados Guillermo Meijón, Ángeles Marra e Olga Alonso

- Anuncio -spot_img

“El período de Pedro Sánchez al frente del Gobierno de España ha supuesto el incremento de hasta tres mensualidades en las pensiones” afirma Regades

“La fórmula del Partido Popular y sus supuestos expertos no independientes nombrados a dedo suponía un deterioro constante del poder adquisitivo de los mayores, a quienes les debemos todo” comenta o secretario xeral

“El Partido Popular ha votado en contra de este derecho, pero tampoco el Bloque Nacionalista Galego ha dado el apoyo a estos presupuestos, con lo cual da la espalda a 250.000 mujeres y hombres”, declara Regades

David Regades xunto aos deputados en Cortes Guillermo Meijón, Ángeles Marra e Olga Alonso, informa sobre o incremento das pensións realizado por parte do goberno socialista de Pedro Sánchez e a súa repercusión directa na provincia de Pontevedra.

En primeiro lugar agradécelle aos deputados a súa fantástica labor nas Cortes para despois valorar positivamente a xestión do goberno de Pedro Sánchez e resaltar que a actualización das pensións conforme ao IPC provocou unha suba dun 8,5% das mesmas.

Afirma que este incremento é unha cuestión de dignidade e xustiza para eses 9 millóns de pensionistas en España e máis de 250.000 na provincia de Pontevedra, que ven como a súa pensión se revalorizou de media 107 euros ao mes situándose despois de 6 anos de gobernos socialistas en 1.274 euros. Esto supón unha diferencia de case 200 euros, que contrasta ca cifra de 1.087 euros que cobraría un pensionista actualmente coa reforma do Partido Popular, mantendo o incremento das pensións nun 0,25% en base as recomendación dun comité de expertos “nombrados a dedo”.

Puntualizouse por parte de Regades que de manterse a reforma do
Partido Popular os pensionistas deixarían de percibir 3.681,44 euros anuais, cifra correspondente ao paulatino encarecemento da vida os últimos 6 anos e equivalente a tres mensualidades.

Destaca tamén que o sistema público de pensións é un orgullo para o país e que tanto este sistema como o mantemento do poder adquisitivo dos seus beneficiarios é un dereito recollido no artigo 50 da Constitución Española e, cita textualmente: “los poderes públicos garantizarán, mediante pensiones adecuadas y periódicamente actualizadas, la suficiencia económica a los ciudadanos durante la tercera edad”.

O secretario xeral fai tamén unha valoración dos gobernos de Zapatero e Rajoy en materia de pensións e pon en valor o compromiso do expresidente socialista con este dereito fundamental, pois deixou o fondo de reserva da seguridade social, tamén coñecido como “hucha de las pensiones”, nun máximo histórico de case 67.000 millóns de euros, cifra
que dende ese ano 2011 no que o PP de Rajoy comezou a gobernar diminuíu ano tras ano ata o punto de case chegar a cero. Dende que volve gobernar o PSOE este fondo comeza a recuperarse ingresando este mesmo ano 3.000 millóns de euros.

Regades móstrase crítico co PP pero tamén co BNG pois “el Partido Popular ha votado en contra de este derecho, pero tampoco el Bloque Nacionalista Galego ha dado el apoyo a estos presupuestos, con lo cual da la espalda a 250.000 mujeres y hombres”, referíndose aos pensionistas da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas