Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación aproba por unanimidade solicitar axuda a todas as administracións públicas...

A Deputación aproba por unanimidade solicitar axuda a todas as administracións públicas para os concellos afectados polas inundacións

- Anuncio -

A proposta aprobada no pleno celebrado esta mañá insta ás confederacións hidrográficas do Miño-Sil e do Douro a financiar e executar as obras de reparación dos danos orixinados nas infraestruturas públicas

Solicítanse ademais liñas de axuda ao Goberno e á Xunta de Galicia, compatibles co resto das administracións, así como achegas económicas á Deputación para restaurar calquera outro tipo de instalación pública, proporcionando material, equipamento e maquinaria do parque provincial

Tamén por unanimidade, o pleno apoiou unha moción solicitando a reforma da lei electoral para permitir a elección directa en urna dos membros das corporacións provinciais

A orde do día incluíu a ampliación ata o 31 de marzo do programa EmprendOU; o cambio de finalidade de axudas concedidas a concellos; e maila aprobación inicial do orzamento do Consorcio de Augas de Valdeorras, por importe de 1.865.000 euros

O pleno da Deputación de Ourense, reunido esta mañá na sesión ordinaria de xaneiro baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou por unanimidade dúas mocións -debatidas conxuntamente- nas que se solicita a axuda das administracións públicas para os concellos afectados polas inundacións de primeiros de ano. Segundo reflicten os acordos, ínstase ás confederacións hidrográficas do Miño-Sil e do Douro a financiar e executar as obras de reparación dos danos orixinados nas infraestruturas públicas, así como o acondicionamento dos ríos baixo a súa xestión para previr futuras riadas.

Solicítanse ademais liñas de axuda ao Goberno central e á Xunta de Galicia, compatibles co resto das administracións, así como achegas económicas á Deputación para restaurar calquera outro tipo de instalación pública, proporcionando ademais material, equipamento e maquinaria do parque provincial.

Tamén por unanimidade, a corporación apoiou unha iniciativa para impulsar a reforma da lei electoral, de tal xeito que permita a elección directa dos membros das corporacións provinciais. A proposta, que será trasladada ao Goberno central, o Parlamento de Galicia e á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), busca fortalecer a representatividade democrática nas deputacións, así como aumentar a confianza dos cidadáns nestas institucións e garantir unha maior transparencia na rendición de contas dos cargos políticos provinciais.

Cambios no capítulo VII de gastos do orzamento xeral

Entre os asuntos de trámite aprobados hoxe figura unha modificación das bases de execución do orzamento da Deputación de 2023. Un cambio cualitativo no capítulo VII de gastos, en tanto que non implica variación algunha nas contas xerais. O expediente referíase á modificación nas finalidades de tres subvencións concedidas aos concellos de Cartelle, Padrenda e Castrelo de Miño, por un importe total de 288.000 euros.

Aprobouse ademais unha segunda modificación, esta vez nas bases de concesión de subvencións a proxectos empresariais ou de autoemprego en municipios rurais de menor poboación, no marco do programa EmprendOU. O cambio implica unha nova data límite para estas axudas, que se amplían en tres meses. Así, as subvencións consistirán nunha achega económica equivalente ao 75 % do salario mínimo interprofesional por cada mes de actividade, cun mínimo de 6 meses e un máximo de 12, períodos que terán que cumprirse antes do 31 de marzo de 2023.

Aínda que fóra da orde do día, o pleno tamén aprobou inicialmente o orzamento do Consorcio de Augas de Valdeorras, cun importe de 1.865.000 euros. O proxecto económico xa foi aprobado na asemblea que o consorcio celebrou o pasado día 23 e agora, tralo visto bo da corporación provincial, será incluído no orzamento xeral da Deputación deste ano.

Declaración institucional “Todos contra o cancro”

Na sesión deuse lectura a unha declaración institucional promovida pola Asociación Española contra o Cancro (AECC), que a través da iniciativa “Todos contra o cancro”, sinalada como Acontecemento de Excepcional Interese Público (2022-2024), pretende que no 2030 a supervivencia en España por esta enfermidade alcance o 70 %. A declaración formula catro retos: visibilizar o cancro e o seu impacto na sociedade; máis concienciación sobre a prevención, detección precoz e hábitos de vida saudables; aumentar a atención a pacientes e familiares; e máis investigación para que aumente a taxa de supervivencia.

Relacionadas

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros...

O deputado provincial Javier Tourís reúnese coas responsables da Feira Etiqueta Negra

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha reunión coas organizadoras da oitava edición da feira de produto...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez presenta a Copa Deputación de Kickboxing que acollerá...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, acaban...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 2,6 millóns de euros para...

0
Os novos recursos beneficiarán a Agolada, Barro, Bueu, Gondomar, Marín, Meaño, Pontecesures, Sanxenxo e Soutomaior A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Lecer en familia”, dotado...

0
O programa busca tamén ser “dinamizador da economía da provincia”, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico fóra...

Publicacións Relacionadas