Home A Coruña Inés Rey entrega o premio Pérez Lugín a Xavier Lamas polo seu...

Inés Rey entrega o premio Pérez Lugín a Xavier Lamas polo seu traballo “Espello da historia entre dúas pandemias”

- Anuncio -

A temática deste ano foi ‘Desde a Terraza do xornalismo coruñés’, con motivo da celebración do centenario do espazo que albergará a sede da AESIA

O xornalista Abel Peña recibiu un accésit por un artigo titulado “Méndez Núñez 100.4”

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá o acto de entrega do Premio de Xornalismo Alejandro Pérez Lugín na súa LXXXII edición, celebrada no Pazo Municipal de María Pita. Rey, acompañada pola presidenta da Asociación da Prensa da Coruña, Doda Vázquez, fíxolle entrega do galardón ao xornalista Xavier Lama gañador da edición, así como ao xornalista Abel Peña, a quen lle foi concedido un accésit.

A temática deste ano foi ‘Desde a Terraza do xornalismo coruñés’, con motivo dacelebración do centenario do emblemático edifico da Terraza inaugurado no ano 1922 e que, a partir de este ano, pasará a ser a nova sede da Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial. “A Terraza é, en certa maneira, a testemuña directa da evolución recente da nosa cidade e un símbolo da evolución do xornalismo, a mellor representación da nosa sociedade” explicou a rexedora.

O artigo gañador, ‘Espello da historia entre dúas pandemias’, firmado por Xavier Lama, relata o percorrido e usos históricos do da Terraza entre as dúas últimas pandemias: a gripe e a covid-19. Pola súa banda, o artigo ‘Méndez Núñez número 100.4’, firmado por Abel Peña versaba sobre o futuro da Terraza como sede da AESIA. A alcaldesa indicou que “esta edición dos premios Pérez Lugín garda un certo tinte de nostalxia, porque os artigos de Xavier e Abel, aos que dou a noraboa polo seu estupendo traballo, recollen e evocan parte da historia da Terraza, que desde o ano 1985 pasou a ser o centro emisor de Radio Televisión Española e este ano albergará a sede da Agencia Española de Supervisión e Inteligencia Artificial”.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas