Home Pontevedra O BNG de Vigo tacha de “fantochada” o anuncio do alcalde dunhas...

O BNG de Vigo tacha de “fantochada” o anuncio do alcalde dunhas novas pistas de atletismo

- Anuncio -

A fronte nacionalista considera unha “tomadura de pelo” este anuncio de Abel Caballero mentres deixa “caer a cachos” as instalacións de Balaídos que prometou reformar

Xabier P. Igrexas: “É todo fume posto que Caballero fía estas hipotéticas novas pistas na Balsa a un PXOM que non ten nin tan sequera data para a súa aprobación provisional”

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo tacha de “fantochada” o anuncio do alcalde de construír unhas novas pistas de atletismo municipais. A fronte nacionalista considera “unha tomadura de pelo” este anuncio de Abel Caballero mentres deixa “caer a cachos” as actuais instalacións de Balaídos que prometou reiteradamente reformar.

“Pasou máis dun ano dende que o alcalde anunciara en rolda de prensa, de maneira pomposa, que daba instrución directa á Concellaría de Deportes para desenvolver o proxecto de reforma con cargo a fondos municipais”, afeou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que subliñou que aínda non se iniciou o procedemento de licitación, como se pode comprobar no perfil de Contratación pública do Concello.

O edil nacionalista lamentou que o Goberno municipal “non movera nin un só papel” nin teña elaborado un proxecto para a “necesaria e urxente” reforma das pistas de Balaídos. “Non hai ningunha vontade de dar cumprimento ao mandato da moción aprobada en novembro polo Pleno, a iniciativa do Bloque, que urxía a poñer fin a situación absolutamente lamentábel nas que se atopan polo total abandono do seu goberno”, reprochou.

O candidato do BNG cualificou ademais de “puro fume e propaganda”. este anuncio do alcalde dunha novas pistas na Balsa, na contorna de Santo Andrés de Comesaña. “O alcalde fía este proxecto ao novo PXOM que non ten nin tan sequera data para a súa aprobación provisional nin moito menos para a súa aprobación definitiva”, cuestionou.

Igrexas asegurou que o “único real” detrás desas declaracións de intencións do rexedor é o “total abandono do deporte vigués e o maltrato continuado ao atletismo da cidade”, que levan anos denunciando numerosas eivas nas instalacións de Balaídos sen que o goberno de Caballero responda ás súas demandas e necesidades.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas