Home A Coruña Bergondo finaliza as obras para completar a rede de saneamento en Tatín

Bergondo finaliza as obras para completar a rede de saneamento en Tatín

- Anuncio -

● A actuación, que discorre ao longo da vía AC-162 ao seu paso polo núcleo, contou cun orzamento de 313.622,10 euros.

● Estes traballos completáronse con outro proxecto de saneamento realizado na contorna da igrexa de Ouces.

● Agora incluirase no Plan Único 2023 a terceira fase, que incorporará á rede de saneamento ás casas desta zona que quedaron fóra.

O Concello de Bergondo finalizou os traballos para completar a rede de saneamento no lugar de Tatín, na parroquia de Ouces. A actuación, que contou cun orzamento de 313.622,10 euros, levou a cabo ao longo da vía AC-162 ao seu paso polo núcleo.

Os traballos incluíron a instalación dunha rede de seis colectores de augas residuais no núcleo de Tatín e nos bordos da estrada AC-162, que discorren por gravidade ata concentrarse nun punto baixo na marxe dereita da vía, próximo ao ‘regacho de Tatín’. Alí implantouse unha estación de bombeo con 2 bombas para impulsar o afluente ata un pozo da rede xa existente en Gandarío e a súa posterior chegada á Estación Depuradora de Augas Residuais.

Ademais, incluíuse a creación de pozos de rexistro e contémplase a reposición do firme afectado polas obras, incluídas as beirarrúas da AC-162. A semana que vén levará a cabo o pintado destas.

En Tatín realizouse outra actuación para completar a rede de saneamento, neste caso na contorna da igrexa da parroquia de Ouces, no lugar de Tatín, un proxecto que contou cun orzamento de 33.481 euros. Os traballos para levar a cabo consistiron na implantación de dous colectores de augas residuais, creación de pozos de rexistro e, posteriormente, a reposición do firme afectado polas obras.

Terceira fase en Tatín

A rede de saneamento en Tatín incorporará proximamente unha terceira fase, que se incluirá no Plan Único 2023 e que permitirá incorporar varias vivendas ao redor da AC-162, as que aínda non contaban con este servizo e que tecnicamente podían entrar neste proxecto.

Relacionadas

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

Publicacións Relacionadas