Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo revisa a produción fotográfica de Xulio Gil no que vai...

O Museo revisa a produción fotográfica de Xulio Gil no que vai de século coa mostra “símbolos do conflito”

- Anuncio -

A exposición, que se inaugura o xoves 2 de febreiro, articúlase arredor de 11 series fotográficas que mostran os diferentes camiños que tomou o traballo do fotógrafo vigués nas últimas dúas décadas

O Museo de Pontevedra abre a próxima semana a exposición ‘Símbolos do conflito. Fotografías de Xulio Gil’. Inaugúrase o xoves 2 de febreiro ás 19:30 horas e poderá visitarse ata o 27 de marzo. A mostra afonda nos camiños creativos seguidos polo fotógrafo vigués desde o cambio de século, caracterizados pola organización en series, a introdución da cor e a indagación estética e conceptual. O comisario é o fotógrafo e profesor Xosé Lois Gutiérrez Failde.

Xulio Gil naceu en Ourense en 1954 e reside en Vigo. Matemático de profesión, desenvolveu desde mediados da década de 1970 unha intensa carreira como fotógrafo, participando activamente nas transformacións da fotografía galega contemporánea. A exposición ‘Símbolos do conflito’ achégase á produción artística de Xulio Gil no que vai de século, confrontando o seu corpo de traballo persoal e o seu impacto na definición do que entendemos como fotografía contemporánea.

Nestes últimos anos, a obra de Xulio Gil foi mudando ata conformar un universo creativo moi orixinal. Os primeiros anos do século XXI supuxeron para Gil un tempo de superación e refinado das súas liñas de traballo e investigación estética anteriores. Introduciu de maneira sistemática a fotografía en cor, organizou a produción a partir de series fotográficas e afondou en pescudas estéticas que van da reflexión desde o imaxinario vernáculo ao establecemento dunha narrativa máis centrada na conceptualización que na indagación formal.

As obras presentes na exposición organízanse en 11 series desenvolvidas do ano 2000 en diante: ‘Fénix’ (2000), ‘Retablos esenciais’ (2007-2015), ‘Trompos’ (2008), ‘Matrilineal’ (2009), ‘Capela dos arcos’ (2010), ‘Capela dos homes’ (2010), ‘Cepas vellas’ (2016), ‘Cúpulas’ (2017), ‘Moradas’ (2018), ‘Penumbra da sal’ (2019) e ‘Gastro centro/Gastrofuturo’ (2020-21). As diferentes series explorar diversas liñas estéticas e conceptuais. Nelas achégase desde puntos de vista pouco transitados ao retrato, a cultura material (castaña, pataca, pan, millo…), a gastronomía, o patrimonio, a natureza etcétera.

Estas series fotográficas condensan o traballo artístico de Xulio Gil máis recente. Xunto a estes traballos, presentaranse tamén traballos editoriais e publicacións que foron realizadas ou que contaron coa participación do artista neste período.

A exposición estará acompañada da publicación dun catálogo, coordinado polo comisario Xosé Lois Gutiérrez Failde e con textos do propio comisario e de Xan Carballa, Domingo Docampo, Antón Abel Roríguez e Isabel Santos Davila.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas