Home O Morrazo Marín Avanzan as obras do Centro Socio Cultural, sobre as que o Goberno...

Avanzan as obras do Centro Socio Cultural, sobre as que o Goberno local convocará unha Xunta de Portavoces

- Anuncio -

O luns, o delegado de Urbanismo, Manuel Santos, irá desgranando a evolución desta obra, que suporá a creación da infraestrutura cultural que tanto merece a nosa vila para poder ter unha programación escénica máis ambiciosa.

As obras de construción do Centro Socio Cultural de Marín seguen o seu curso, despois de que arrancasen os traballos no mes de outubro e tras o parón asociado ás vacacións de Nadal.

Desde o Goberno local, a alcaldesa, María Ramallo, convocou unha xunta de portavoces para este luns, co obxectivo de ir trasladando as novidades da obra e do proxecto aos portavoces dos distintos grupos políticos, dado que se trata dunha obra de gran envergadura, que compete ao interese xeral da cidadanía e cuxo proxecto no seu día foi aprobado polo Pleno da Corporación.

Precisamente, esta xunta vén marcada polas preguntas que se realizaron na última sesión plenaria, a raíz das novidades que van aparecendo na execución da obra, algo co que tanto a dirección técnica como facultativa xa están supervisando con intensidade.

“Sabemos que os inicios dunha obra desta envergadura, especialmente en terreo portuario, son complexos, pero o noso obxectivo e a nosa estratexia é traballar con rigor, da man dos técnicos e expertos para ir resolvendo as dificultades que poidan aparecer e tomando as decisións máis acertadas”, asegurou a rexedora, María Ramallo.

Así, será o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, o que lle dea traslado aos portavoces toda a información pertinente sobre a evolución da obra e os seguintes pasos a dar.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas