Home Pontevedra Redondela esixe resposta a Augas de Galicia polo abandono dos ríos e...

Redondela esixe resposta a Augas de Galicia polo abandono dos ríos e tramos da súa competencia

- Anuncio -

A falta de limpeza do Río Pexegueiro (nas zonas competencia de Augas de Galicia) provocaron inundacións durante os temporais do último mes. “Existe o peligro de que volva a producirse a mesma situación de inestabilidad meteorolóxica provocando máis desbordamentos e danos considerables para o municipio”, explica alcaldesa Digna Rivas.

O Concello de Redondela amosa a súa insatisfacción pola falta de resposta, por parte de Augas de Galicia ante a situación de abandono das beiras dos ríos e os treitos da súa competencia.

O goberno local, a través dunha empresa especializada en limpezas ambientais, baixo a coordinación da Concellería de Medio Ambiente, está a desenvolver traballos de limpeza das beiras nos treitos urbanos dos ríos. As labores céntranse nas beiras do Pexegueiro Alvedosa e Maceiras, así como o Río Fondón e Maceiras da parroquia de Chapela.

A alcaldesa, Digna Rivas, lembrou que o feito que se traballe nos treitos urbanos “responde a que o Concello carece de competencia fora desas marxes xa que pasa a ser competencia única e exclusiva de Augas de Galicia”. De feito, engade Rivas, “no 2017 o Tribunal Supremo estableceu que a competencia na conservación ordinaria dos treitos urbanos dos ríos é dos Concello e no 2019 a Xunta publicou unha instrución nese sentido e reservando a Augas de Galicia a limpeza nos treitos interurbanos”.

A rexedora redondelá lembrou que, tal e como está demostrado, “a limpeza das beiras e canles diminúe o risco de riadas e inundacións”. O certo é que este pasado nadal producironse episodios de choivas cada vez máis torrenciais e é complicado impedir as riadas. Unha axeitada limpeza dos ríos reduce moito os danos causados polas mesmas.

Esiximos resposta de Augas de Galicia para responsabilizarse das zonas da súa competencia que foron as máis perxudicadas durante o último temporal debido o seu abandono”.
A falta de limpeza do Río Pexegueiro (nas zonas competencia de Augas de Galicia) provocaron inundacións durante os temporais do último mes. “Existe o peligro de que volva a producirse a mesma situación de inestabilidad meteorolóxica provocando máis desbordamentos e danos considerables para o municipio”, explicaba Rivas.

Realizaronse máis de 10 peticións a Augas de Galicia entre o último trimestre de 2022 e xaneiro de 2023, todas sen resposta. Entre as peticións atópase a limpeza dos Regos no Camiño da Fenteira e no Río Fondón (Trasmañó), así como o Río Pugariño (Chapela) e o Río das Cabras que desemboca na praia de Rande. Tamén se solicitou o mantemento da zona do Camiño dos Frades que conta con dous regos en mal estado e a limpeza do cruce entre o Río Albedosa e o Maceiras.

A todo isto hai que engadir as peticións de saneamento por vertidos contaminantes. Concretamente, un veciño depositou escombros no Rio Bugariño na zona que linda con Vigo. A asociación veciñal de Chapela denunciou os feitos e o Concello de Redondela abriu un expediente para despois enviar a correspondente petición de saneamento a Augas de Galicia.

Unha vez máis, apunta Digna Rivas, “a Xunta ignora as recomendacións e peticións do Concello. Este último mes os danos provocados polos temporais ascenden a máis de 200.000 euros e seguimos sen resposta. O Concello de Redondela está cumplindo coa súa labor de limpeza e informar da situación, agora é responsabilidade do goberno galego atendender ás peticións”.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas