Home Tabeirós A Estrada BNG impulsa unha serie de iniciativas para parar o parque eólico do...

BNG impulsa unha serie de iniciativas para parar o parque eólico do Campo das Rosas

- Anuncio -

Xoán Reices: “Presentaremos unha moción para que o grupo de goberno do PP tome todas as medidas necesarias, mesmo xudiciais, para paralizar este parque eólico”

Este sábado o BNG da Estrada organizou en Sabucedo unha reunión informativa cos veciños e veciñas sobre o impacto do parque eólico do Campo das Rosas. Nesta reunión participou Xoán Reices, candidato á alcaldía, e Montse Prado e Luís Bará, deputada e deputado do BNG no Parlamento Galego.

O candidato do BNG explicou aos veciños e veciños, que “o BNG está determinado a parar o parque eólicos do Campo das Rosas que proxecta executar Naturgy, e que recentemente a Xunta do PP aprobou o informe de impacto ambiental”. “Para iso”, explicou Reices, “impulsaremos unha serie de medidas a nivel institucional, en primeira instancia, no concello, mais tamén a través do Parlamento Galego”.

“Neste sentido”, explicou Reices, “a través da nosa concelleira, Susana Camba, rexistraremos unha moción para que o pleno da corporación, non só rexeite este parque eólico, senón tamén instamos ao goberno municipal a tomar todas as medidas necesarias, mesmo xudiciais, para paralizar este parque eólico, que suporá unha desfeita ambiental, pola repercusión que terá na fauna salvaxe, en especial os cabalos, e por suposto pola repercusión que terá na festa declarada de interese internacional que se celebra todos os anos en Sabucedo, A Rapa das Bestas”.

O candidato do BNG afirmou que “o grupo municipal do PP ten que posicionarse; ou está cos veciños e veciñas de Sabucedo que non queren parque eólico ou está coas eléctricas”. “De pouco van servir as fotos en FITUR dos concelleiros do PP promocionando a Rapa se este parque eólico vai adiante”, afirma Reices.

Xoán Reices indicou que “os muíños de vento que proxecta Naturgy están preto doutras instalacións semellantes en tramitación como a de Cabanelas, a do Monte de Arca, as Penizas, pico Touriñán, Porto Vidros e Touriñan III. A instalación en tramitación máis próxima atópase a só 1.800 metros e a máis afastada está a algo máis de 3 quilómetros.”. “Diseccionar os parques en varios proxectos é un truco que empregan as eléctricas”, engade, “e isto debería terse en conta á hora de emitir o informe de impacto ambiental”.

Iniciativa no Parlamento

Pola súa parte, Montse Prado e Luís Bará explicaron que “efectivamente o truco de dividir os proxecto leva a que proliferen como cogomelos os muíños de vento nos nosos montes, cun enorme impacto ambiental e socio-económico, en no caso do parque do Campo das Rosas, tamén desde o punto cultural e patrimonial, xa que terá un impacto moi grande sobre a fauna cabalar e sobre a festa da Rapa coñecida internacionalmente”.

“Neste sentido”, explicaron Montse Prado e Luís Bará, “impulsaremos unha iniciativa parlamentar para solicitar un novo informe de impacto ambiental tendo en conta a superposición de parques e proxectos na mesma zona, tal e como explicou Reices”.

“Isto é unha práctica habitual das eléctricas”, afirman, “e xa hai sentenzas que lograron paralizar proxectos; o que non pode ser é que teñamos un goberno da Xunta aliado das grandes empresas depredadoras da nosa enerxía, sen que iso repercuta economicamente na veciñanza, cando tiña que ser aliado dos intereses do pobo galego”.

Por outra parte, a deputada Montse Prado e o deputado Luís Bará animaron á veciñanza a mobilizarse e frear esta desfeita e este espolio depredador, “que baleira as nosas aldeas e impiden o desenvolvemento sustentábel dos noso montes”.

Relacionadas

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Publicacións Relacionadas