Home Pontevedra Deza Ponte Liñares en Piloño, outro engano de Otero que Taboada ten que...

Ponte Liñares en Piloño, outro engano de Otero que Taboada ten que desmentir.

- Anuncio -

• Taboada, “non se perdeu ningunha subvención, ao estar previsto o financiamento con fondos propios do concello”

Taboada ten novamente que desmentir a Jesús Otero dobremente, a primeira vez en dicir que a obra ía quedar sen facer, cando el é coñecedor de que a obra está prevista na axenda inmediata de Taboada, é máis xa estaba prevista para o ano 2022, e non se puido executar aprazándoa a este ano 2023, e a segunda mentira de Otero na mesma nota de prensa é o dicir que perdera a subvención, cando sabe que as obras con fondos propios son realizadas co diñeiro que ten o alcalde no orzamento para facer investimentos, sen necesidade de ter que pedir unha subvención.

Taboada afirma que o nerviosismo de Otero ante a desbanda sufrida nas últimas semanas dos seus máis fieis achegados, faio cometer estes erros tan abraiantes, como o enviar unha foto aos medios de comunicación dunhas matogueiras no canto de enfocar a ponte en cuestión, para non quedar en evidencia.

Otero non saca as imaxes dá Ponte Liñares, segundo Taboada por vergoña, xa que nas imaxes que achegamos nesta nota de prensa pódese comprobar o estado da ponte, o cal ten unha capa de rodadura totalmente nova, que o goberno de Xuntos realizou no ano 2020. A ponte construíuse no ano 1987 aprox. e Taboada, que ve a Otero moi preocupado por realizar esta obra, pregúntalle dúas cuestións, a primeira é, ¿que tivo 29 anos para solucionar o problema e non o fixo, por que? E a segunda é, ¿se ten pensado votar a favor do orzamento que leva a Pleno o vindeiro luns no que están esta obra e outras moitas?

Taboada á súa vez quere tranquilizar aos veciños e veciñas de Piloño, e asegura que realizará o acondicionamento da ponte, ensanchándoa e por suposto póndolle vallas de seguridade para a protección de viandantes e dos vehículos que transitan a diario por esta vía.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas