Home O Morrazo Moaña Javier Carro será o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Moaña

Javier Carro será o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Moaña

- Anuncio -

• O candidato sinalou que presentarán “un equipo gañador, que leve de novo ao PP á primeira liña de saída do concello”.


• Luis López: “o PP é un partido forte e imos a por todas. Este concello necesita outro goberno, un cambio de rumbo, saír das ocorrencias e da confrontación para comezar a senda do progreso e da atención ás necesidades reais dos veciños”.

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Moaña nas municipais de maio será Javier Carro. Hoxe anunciouse a súa candidatura nun acto ao que asistiron o presidente provincial, Luis López, a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, a coordinadora do Morrazo, Elena Estévez, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, así como membros da xunta local do PP, entre os que estaban o presidente da xestora, Vicente Verdeal e o grupo municipal.

Luis López destacou “o apoio” da xunta local en torno á candidatura de Javier Carro, e subliñou que “a unidade e o traballo son fundamentais para recuperar a alcaldía de Moaña”. O líder provincial defendeu a integración de Carro e do seu equipo nas filas populares. “Temos moitos puntos en común, e somos moi conscientes de que debemos sumar para garantir un Goberno do Partido Popular”.

Nesta liña, destacou que “en Moaña o PP é un partido forte, e imos a por todas. Este concello necesita outro goberno, un cambio de rumbo, saír das ocorrencias e da confrontación para comezar a senda do progreso e da atención ás necesidades reais dos veciños”.

Con respecto a Carro, o presidente provincial subliñou que “é un gran candidato, que por riba de todo defende ao PP e a Moaña. E representa como ninguén a forza da xente deste concello”. Dixo, ademais, que estes días, cando comezaba a sonar o seu nome, “espertou ilusión en torno ao PP e redobrou as aspiracións que temos para cambiar o rumbo deste concello”.

Por último tivo palabras de agradecemento a todos os afiliados e militantes do PP local, e destacou que “fixemos un proceso exemplar, de escoita permanente, para acertar co candidato e co proxecto”. En especial, recoñeceu o traballo de Vicente Verdeal, “que asumiu o liderazgo do partido nun momento fundamental e amosou unha actitude dialogante”, así como do grupo municipal, 0da executiva local do partido e da coordinadora provincial do Morrazo, Elena Estévez, que tivo un papel decisivo neste proceso.

Pola súa parte, Javier Carro agradeceu a aposta decidida e o apoio que recibiu da xunta local e da dirección provincial, determinantes para asumir este reto, e adiantou que “presentaremos un equipo gañador, que leve de novo ao PP á primeira liña de saída do concello”. Para conseguilo, ofreceu moito traballo e trasladar a ilusión do equipo a todos os veciños de Moaña. “Ofreceremos un proxecto comprometido e no que todos os moañeses se vexan representados, independentemente da súa ideoloxía”.

Tamén o presidente da xestora local, Vicente Verdeal, destacou que “todos coincidíamos en que era o momento de acabar coas divisións, e facer un PP novo e con gañas de renovadas. Con esta integración dos dous equipos, temos unha candidatura gañadora e moi boa de mulleres e homes que imos a traballar duro por Moaña e que imos a ilusionar a todo o electorado”.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas