Home Baixo Miño A Guarda Lete destaca "afección, calidade, base e colaboración" como baluartes do guardés na...

Lete destaca “afección, calidade, base e colaboración” como baluartes do guardés na inauguración do novo pavillón da Sangriña

- Anuncio -
  • O convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello da Guarda contou cun orzamento de 1,87 millóns de euros dos que o Goberno galego achegou medio millón
  • En 2023 a Xunta de Galicia contará cun investimento récord de 18 millóns de euros para infraestruturas deportivas

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe no acto de inauguración do pavillón municipal da Sangriña tras a obra de renovación integral ao abeiro do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello da Guarda, que contou cun orzamento de 1,87 millóns de euros (1.870.667,53 euros) dos que o Goberno galego achegou medio millón de euros.

O mandatario galego destacou como, a pesar de que os inicios do Guardés datan de 1967 nun campo de terra, hoxe, o modernizado pavillón da Sangriña segue lucindo “a calor da afección, o apoio ao deporte base, a calidade do equipo, o renome das xogadoras e o espírito de colaboración para acadar as maiores cotas de éxito”. Neste sentido Lete Lasa puxo de manifesto os logros máis importantes do Guardés, como a Liga da máxima categoría nacional feminina de balonmán conquistada en 2017 ou as oito tempadas consecutivas competindo en Europa.

O secretario xeral para o Deporte cifrou o apoio da Xunta ao Guardés nos 725.000 euros desde 2009 nas distintas liñas de axuda da Secretaría Xeral para o Deporte, ou os máis de 200.000 euros -entre o departamento deportivo e Administración Local- investidos no pavillón da Sangriña antes desta remodelación integral. Ademais, Lete Lasa destacou o recoñecemento -o Guardés foi distinguido como o mellor equipo feminino de Galicia en 2015, 2017 e 2018- e tamén o acompañamento do Goberno galego, non só en moitos dos partidos que o Guardés xoga na casa, senón tamén no seguimento desta obra na que prestou unha minuciosa atención porque “o Guardés só merece e precisa o mellor”.

A renovación do pavillón da Sangriña tivo por obxecto o cambio de fachada e cuberta, creación dunha bancada de fondo e de planta superior; así como a reorganización de espazos (vestiarios, aseos, almacéns), ampliación da zona de pista de xogo e mellora da accesibilidade. En 2023 a Xunta de Galicia contará cun investimento récord de 18 millóns de euros para infraestruturas deportivas.

Relacionadas

A Xunta destaca o éxito da V edición do Bono Activa Comercio con preto...

0
José González visita esta tarde dous comercios da rúa Xoán XXIII de Ourense que participan nesta campaña e ofrecen os descontos financiados polo Goberno...

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

A Xunta reúnese coa AECT Río Minho para abordar os proxectos en marcha en...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos...

Publicacións Relacionadas