Home O Salnés A Illa de Arousa O concello apela á receptividade de Portos para estudar a opción do...

O concello apela á receptividade de Portos para estudar a opción do Cantiño como aparcamento soterrado

- Anuncio -

O goberno local remite un novo escrito ao ente autonómico para solicitar unha xuntanza que sente as bases dun diálogo fluido entre ambas administracións

O goberno local de A Illa remitiu a Portos de Galicia un novo escrito solicitando data para unha reunión entre ambas administracións que sente as bases dun diálogo fluido que permita consensuar as futuras actuacións do ente autónomo no municipio arousán.

Máis alá da reparación puntual que Portos de Galicia está a realizar no Paseo do Cantiño para solventar os últimos desplomes, o goberno local considera que chegou a hora de planificar unha actuación global nese entorno similiar á que a Consellería do Mar está a promover noutros puntos do litoral da contorna.

O goberno local entende que a inspección técnicas que Portos se comprometeu a realizar no Paseo do Cantiño ainda non esté rematada, máis sen embargo apunta que consideran que non é necesario esperar ás conclusións sobre o estado desta infraestructura para manter unha primeira reunión na que establecer uns parámetros de traballo e na que o alcalde de A Illa traslade a Portos as súas suxestións para este espazo.

Durante a última visita da presidenta de Portos, Susana Lenguas, a A Illa, o concelleiro de Servizos, Luis Arosa, trasladoulle xa a opción de construir un estacionamento soterrano baixo O Cantiño, un proxecto enviado á Xunta hai xa máis dunha década e que o goberno local quere agora retomar, xa que encaixaría coa transformación urbanística que está a rexistrar o municipio coa humanización da Praza do Regueiro e a Avenida Castelao, ambas cun tratamento que prioriza a seguridade dos peóns sobre o tráfico rodado.

“Non ten que ser o mesmo proxecto. O que queremos é sentarnos a falar e consensuar que queremos para O Cantiño e como o queremos, e que a Xunta sexa receptiva ás nosas suxerencias. Están investindo en entornos como Portonovo e nós pedimos que se nos teña en conta en igualdade de condicións que ao resto de concellos de Galicia”, explica Luis Arosa, que recorda que A Illa absorbe na temporada estival un elevado volume de vehículos que, pola singularidade xeográfica, xeneran un forte impacto no tráfico. “Habilitamos un aparcamento disuasorio no Bao pero é insuficiente. Cremos que é de xustiza que Portos acceda a reunirse con nós e a valorar todas as opcións. Na Illa o terreo é escaso e as alternativas para un aparcamento disuasorio non sobran”, conclúe Luis Arosa.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas