Home Pontevedra O Concello de Redondela comezará o proceso de expropiacion dos terreos de...

O Concello de Redondela comezará o proceso de expropiacion dos terreos de acceso ao Colexio Igrexa na próxima semana

- Anuncio -

O Concello de Redondela asegura que xa está en marcha a procura de financiaicón porque entenden este proxecto como unha prioridade.

O Concello de Redondela está traballando no proxecto de mellora dos accesos ao Colexio Igrexa (Chapela), cun proxecto que ronda os 500.000 euros que debe ser adaptado á normativa vixente e a situación actual da suba de prezos que obligou a realizar as actualización correspondentes.
Este procedemento de modificación puntual das normas forzou a mantener en suspenso o proxecto ata a súa aprobación definitiva. A alcaldesa, Digna Rivas, puntualiza que o concello está actualizando o proxecto á normativa vixente, xa que este tiña data de 2018 ” e confirma que “ xa se están a tramitar as accións correspondents con Ministerio de Fomento e Augas de Galicia.
Este Goberno, afirmou Rivas, acometeu a modificación puntual das Normas Subsidiarias para, a partir de aí, desenvolver todos os trámites precisos como son un proceso de expropiación e a correspondente dotación orzamentaria “trámites que aseguraba o PP que estaban en marcha, cando o certo é que todo o proceso estaba paralizado”. As normas aprobáronse definitivamente durante o mandato de Digna Rivas e están reflexados no correspondente BOP. O certo, continúa a rexidora, é que “mentres se aseguraba á veciñanza, partidos políticos, comunidade escolar é a propia Xunta de Galicia que todo estaba en marcha, os trámites estaban literalmente paralizados”.
Neste momento o Concello de Redondela xa comezou cos trámites necesarios para iniciar o proxecto e ensanchar o vial e canto antes comezar o proceso de expropiación. En todo caso, volveu a subliñar Digna Rivas, “a nosa obriga é dar solucións ás veciñas e veciños que non teñen por que pagar pola irresponsabilidade do anterior goberno do PP, e iso faremos”.
Ademais, a rexidora redondelá, asegura que “xa están na procura da financiación necesaria para facer realidade canto antes a obra. Entendemos que esta é unha necesidade para os veciños e veciñas de Chapala e a estamos tratando como unha prioridade para este goberno ”.
“Este proxecto forma parte das moitas actuacións en marcha na parroquia de Chapela, como a humanización de Cidadelle, Leitón e Pomba, localizacións olvidadas dende fai más de 30 anos”, conclúe Rivas.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas