Home Ourense Ourense acollerá un congreso internacional sobre prevención do consumo de cannabis, organizado...

Ourense acollerá un congreso internacional sobre prevención do consumo de cannabis, organizado coa colaboración do Concello

- Anuncio -

O alcalde recibiu o profesor Manuel Isorna para avanzar nos preparativos do evento, que se desenvolverá no Auditorio do 23 ao 25 de novembro

Reunirá na cidade profesionais e estudiantes dos ámbitos sanitarios, xudicial ou educativo, para dar resposta aos problemas derivados do consumo, que experimentou un gran auxe nos últimos anos

A cidade de Ourense será a sede do IV Congreso Internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis e os seus derivados: abordaxe na adolescencia e desde a perspectiva de xénero, que se desenvolverá do 23 ao 25 de novembro deste ano no Auditorio Municipal.

O alcalde Gonzalo Pérez Jácome recibiu no Concello a Manuel Isorna, profesor da Universidade de Vigo e promotor do evento, que converterá Ourense na cidade de referencia neste ámbito a nivel internacional. O Concello colaborará no congreso coa cesión das instalacións do Auditorio como sede para a súa celebración. O Congreso contará tamén coa colaboración da Xunta de Galicia, a Sociedade científica española de estudios sobre o alcohol, o alcoholismo e as outras toxicomanías, Socidrogalcohol, a Universidade de Vigo, o Ministerio de Sanidade e a Deputación Provincial de Ourense, entre outras entidades.

O congreso, que se realizará nas modalidades presencial e en liña é unha iniciativa científica que pretende aglutinar a profesionais sanitarios, do ámbito xudicial e da educación, estudiantes das ramas sociosanitarias e a todas aquelas persoas interesadas nesta temática, para dar resposta aos problemas derivados do consumo de cannabis, fenómeno que experimentou un gran auxe nos últimos anos.

O evento pretende abordar esta problemática desde unha perspectiva de xénero, intentando evitar o androcentrismo habitual no estudio das condutas adictivas e, por outra banda, abordar na medida do posible o consumo e as súas consecuencias sobre o cerebro e o estilo de vida na adolescencia.

A substancia ilegal máis consumida

O cannabis segue sendo a substancia ilegal máis consumida, tanto en España como no conxunto dos países da Unión Europea. Segundo o Observatorio español das drogas e as adiccións (2022), no último ano comezaron a consumir cannabis 155.800 adolescentes de entre 14 e 18 anos, sendo maior o número de mozas (83.200) ca o de mozos (72.600). Da poboación de entre 15 e 64 anos, 237.000 comezaron a consumir cannabis no último ano. En 2020 contabilizáronse 591.798 persoas cun consumo problemático de cannabis, o que se corresponde co 1,9% da poboación de 15 a 64 anos.

Relacionadas

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

Publicacións Relacionadas