Home O Morrazo Bueu Unha hamburguesa que sabe a fogar e que aspira a ser a...

Unha hamburguesa que sabe a fogar e que aspira a ser a mellor de España

- Anuncio -

• Dende o restaurante local “A Esmorga” aspiran a facerse co premio organizado por Fenicia Marketing Group e ao que se presentan por primeira vez

O municipio de Bueu aspira a ter unha das mellores hamburguesas de España. Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, mantivo esta semana un encontro con Tatiana e Iván Teixeira, xerentes do local A Esmorga, situado na contorna da Praza Massó, que é dende o que partiu a iniciativa de presentarse á terceira edición do certame culinario no Campionato de España de Hamburguesas “Best Burger Spain”, que promoven dende Fenicia Marketing Gourmet, e que premia a mellor proposta de hamburguesa de España.

Carballo deu os parabéns aos promotores desta iniciativa, e salienta que “é importante apoiala porque segue afianzando a calidade da nosa hostalaría e dos nosos produtos, ao tempo que tamén impulsa o turismo e o coñecemento da vila de Bueu”. Precisamente, cos produtos e a tradición como eixes centrais é de onde parte a proposta que prepararon para o certame e que, segundo Iván Teixeira, “pretende evocar o ambiente que se creaba ao lado das lareiras e das cociñas das nosas avoas, cos busca de produtos galegos e cos que xerar esta sensación nas persoas que a degusten”. A hamburguesa leva o nome de “Alma afumada” e está elaborada con vaca galega de sete anos, panceta afumada, queixo cheddar galego, cebola crocante, maionesa carbón e demi glace.

Tanto dende o local hostaleiro como dende a concellaría que dirixe Silvia Carballo convídase a toda a veciñanza da vila a probar esta hamburguesa e a votar no concurso que estará en marcha dende o 1 ao 28 de febreiro. Tal e como explican, o procedemento é moi sinxelo, pois ao degustar a hamburguesa, a persoa recibirá un código QR para votar con acceso a unha páxina web, co que tamén entrará no sorteo dun premio económico.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas