Home O Salnés Meis O BNG de Meis opina sobre a situación da Casa da Cultura...

O BNG de Meis opina sobre a situación da Casa da Cultura de Paradela

- Anuncio -

Nos orzamentos de 2022 o BNG, despois de atender as peticións da veciñanza de Paradela, logrou incluír unha partida orzamentaria que permitía aprobar os orzamentos coa nosa abstención. Esta partida incluía: o pintado interno e externo, a reparación integral do tellado, a colocación dunha rampla externa para facilitar a accesibilidade, transporte e manexo do equipamento ao piso superior e o acondicionamento do exterior da casa da cultura de Paradela.

No pleno ordinario do 27/01/2023 o BNG de Meis preguntou sobre a situación actual da casa da cultura de Paradela, pois a día de hoxe aínda non se fixo o arranxo orzamentado e coas chuvias dos últimos tempos a casa da cultura está totalmente anegada impedindo calquera tipo de actividade coa máis mínima normalidade.

A alcaldesa recoñeceu en pleno a situación da casa da cultura e comprometeuse a facer unha reparación integral comezando polo tellado e levando a cabo o pactado co BNG nos orzamentos do 2022.

Desde o BNG ficamos satisfeitos coa promesa plenaria da alcaldesa e lembramos que no noso boletín de Abril do 2022 xa sacamos na portada que o arranxo integral da casa da cultura estaba nos orzamentos pois foi un acordo do BNG coa veciñanza de Paradela. Desde o BNG urximos esta actuación dada a situación actual da casa da cultura que impide o seu uso normal e o prexuízo que iso lle causa á veciñanza.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas