Home Pontevedra A Lama A Xunta destina 200.000 euros ao concello da Lama para a creación...

A Xunta destina 200.000 euros ao concello da Lama para a creación de 26 prazas de Atención Residencial e Diúrna

- Anuncio -

Este novo centro ofrecerá seis prazas de atención residencial e 20 de centro de día para que as persoas maiores desta localidade conten con servizos ao carón dos seus fogares

A Xunta destinou 200.000 euros ao Concello da Lama para a creación de 26 prazas de atención residencial e diúrna. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe as novas instalacións, onde sinalou que mediante a creación deste novo servizo os veciños desta localidade poderán estar ben atendidos e coidados ao tempo que seguen vivindo no seu lugar de sempre.

O Goberno galego asinou no ano 2020 un convenio de colaboración co Concello da Lama para a construción deste centro que contará con seis prazas de atención residencial e 20 de centro de día. Deste xeito, mellórase a oferta de atención para darlle as persoas maiores a oportunidade de decidir onde e como vivir esta etapa das súas vidas.

Fabiola García lembrou que a Xunta aposta por aqueles servizos de proximidade que inciden nesta capacidade de decisión das persoas maiores como o Servizo de Axuda no Fogar, que leva coidados profesionais a 27.000 fogares galegos; o programa Coidados porta a porta, que ofrece servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria; o programa Xantar na casa, que facilita menús semanais, san e equilibrados a persoas maiores que viven soas; ou as 100 casas do maior que existen por toda a Comunidade.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas