Home Pontevedra Poio A Aula Cemit de Combarro ofrecerá un total de once sesións formativas...

A Aula Cemit de Combarro ofrecerá un total de once sesións formativas gratuítas durante o mes de febreiro

- Anuncio -

• O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Xulio Barreiro (BNG), sinala que os cursos darán comezo o día 16, pero na semana anterior, entre o luns 9 e o venres 13, a Aula Aberta xa estará operativa de 16.00 a 21.00 horas

A Aula Cemit de Combarro, situada na antiga Escola do Campo, incrementa a súa oferta formativa gratuíta durante o mes de febreiro. Serán un total de once os cursos de balde que se ofertarán nestas dependencias, en horario de tarde. Ademais, tal e como lembra o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Xulio Barreiro (BNG), seguirá operativa a Aula Aberta, con acceso libre previo rexistro do usuario ou usuaria, de luns a venres entre as 19.30 e as 21.00 horas. Nese horario tamén estarán as instalacións operativas para acoller cursos ou iniciativas organizadas por parte de asociacións e organizacións do concello, previa solicitude.

A primeira proposta comezará o luns 6 de febreiro e será o curso de iniciación ao procesador de texto LibreOffice Writer, que durará toda a semana e contará cunha edición tamén para persoas con nivel medio, entre os días 13 e 17. Ademais, entre os días 6 e 8 tamén se darán pautas sobre o manexo do móbil smartphone, mentres que o xoves e o venres 10 haberá un ciclo para aprender a gardar datos na Nube.

Outro dos ciclos a destacar nesta programación será o de edición de imaxes a través da ferramenta GIMP, unha das máis empregadas e recoñecidas no eido do software libre.

Estas clases serán do 13 ao 16 de febreiro, mentres que o venres 17 terá lugar un curso sobre trámites on line, para efectuar xestións telemáticas. Xa o día 20, comezarán as clases de iniciación ás follas de cálculo con LibreOffice Calc. Entre os días 20 e 24 comezará o curso de iniciación á creación da páxinas web.

A parte final da programación completaranse, entre os días 27 de febreiro e 4 de marzo, con outros contidos, como a elaboración de blogs persoais ou a realización de videoconferencias a través de Facebook, Skype e Google. En total, durante o mes de febreiro as horas de formación gratuíta serán de preto de 70. O concelleiro de Novas Tecnoloxías lembra que a Aula Cemit contou no 2022 con aproximadamente 500 usuarios e usuarias de diferentes idades.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas