Home Vigo Nigrán Centos de alumnos de Nigrán participan na "XII Carreira Solidaria" organizada polo...

Centos de alumnos de Nigrán participan na “XII Carreira Solidaria” organizada polo colexio Arquitecto Palacios de Panxón no Día da Paz

- Anuncio -

Centos de alumnos de cinco centros educativos participaron esta mañá na ‘XII Carreira Solidaria’ organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo da Semana da Paz e co fin de recadar fondos para colaborar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, como fan habitualmente.

Na proba, celebrada no recinto exterior do centro educativo e á que asistiu o alcalde acompañado dos concelleiros de Deportes, Educación e Igualdade, participaron ademais de alumnos do CPI, o Centro de Educación Especial de Panxón, CEE Juan María de Parada, Escola Infantil As Dunas e CEIP A Cruz de Camos. Todos, desde Infantil a 4º da ESO, correron tempos entre 3 e 10 minutos tras achegar os seus patrocinadores adultos un donativo para a causa por cada volta completada.

“Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas ao docentes pola organización e alumnado e as súas familias pola súa participación imprescindible”, destaca o rexedor, Juan González.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas