Home O Morrazo Bueu O alcalde de Bueu convoca á veciñanza do Enleito para presentar o...

O alcalde de Bueu convoca á veciñanza do Enleito para presentar o proxecto de urbanización da contorna da Casa da Música

- Anuncio -

• O rexedor e outros membros do equipo de goberno manterán este martes unha reunión coa cidadanía do lugar, que se celebrará ás 20 horas na Casa da Música Manuel Omil

Félix Juncal, alcalde de Bueu, manterá unha reunión coa veciñanza do Enleito este martes, 31 de xaneiro, a partir das 20.00 horas na Casa da Música Manuel Omil. A xuntanza, á que están convocados veciños e veciñas e colectivos da zona, servirá para presentar o proxecto de urbanización da contorna da Casa da Música. Esta actuación consistirá na humanización da Praza do Enleito, así como da contorna inmediata da Casa da Música, cunha superficie aproximada de actuación de 1.315,15 m2 . Tal e como consta no proxecto técnico, para levar a cabo a renovación completa da contorna levantarase toda a pavimentación, e aproveitarase para acometer a renovación e modificación das redes de iluminación e saneamento de pluviais. Entre as principais novidades que se prevén están que o acceso rodado será nun único sentido de circulación, habilitando zonas de aparcadoiro. Ademais, a sección do espazo será unha plataforma única, é dicir, o espazo peonil e o espazo vehicular estarán ao mesmo nivel, co obxectivo de fomentar a mobilidade e a accesibilidade da veciñanza e das persoas usuarias da Casa da Música. Os novos muros de contención de terras permitirán ampliar a superficie destinada á Praza, como espazo público de calidade e co que se poñerán en valor os elementos catalogados, como a fonte e o cruceiro.

O orzamento ascende a 237.828,13 €, IVE engadido, e o goberno incluirá este proxecto nas subvencións do Plan Concellos 2023 da Deputación Provincial de Pontevedra. Os veciños e veciñas que queiran coñecer máis detalles poderán achegarse este martes á reunión prevista na Casa da Música.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas