Home Pontevedra Deza A oposición tumba os orzamentos do 2023, os máis sociais da historia...

A oposición tumba os orzamentos do 2023, os máis sociais da historia de Vila de Cruces

- Anuncio -

• Taboada non pode crerse que os grupos da oposición estean máis preocupados polas súas carreiras políticas, que pensar nos seus veciños e veciñas.

• Mireya Otero velles un claro interese aos grupos da oposición en non aprobar estes orzamentos, para tentar frear os investimentos e novos traballos, a pesar de que a maioría das súas peticións estaban incluídas nos mesmos.

• Julio López afirma, “acaban de deixar polo seu egoísmo sen axudas de 2000 euros as festas patronais de cada parroquia”

No primeiro pleno deste ano o grupo de goberno de Xuntos Polo Noso Concello levou como único punto do día os orzamentos para este ano 2023 como xa anunciara o ano pasado. Uns
orzamentos realistas, con proxectos e investimentos claros, para favorecer aos veciños e veciñas do municipio, uns orzamentos que os grupos da oposición tombaron no día de hoxe coa única escusa de que foran uns orzamentos realizados sen consenso co resto da oposición, para elo foi necesario que tanto o BNG como o PSOE, (os partidos de esquerda que tanto presumen de mirar pola xente) votaran en contra, e por suposto o PP sendo cómplices desta situación e con falta de valentía na súa decisión decidiron absterse, polo que non se puideron aprobar a pesar dos tres votos a favor do goberno.

Neste punto Taboada pregúntase, se no pleno de hoxe estábase votando un orzamento ou o berrinche político de que eles non participasen na súa creación, ao que Taboada lémbralles que eles non están na oposición para realizar o orzamento, que iso é cousa do goberno, e que aínda ten Taboada moi fresco na súa memoria, por que non levou a pleno o orzamento do ano 2022, algo que os grupos da oposición non comentaron en todas as notas de prensa que envían diariamente tentando enganar aos veciños e veciñas, e séguelles lembrando Taboada os meses perdidos no ano 2022 en reunións para formalizar o orzamento 2022, que non serviron para nada, porque nada lles servía, mesmo se lle ofreceu unha cantidade de diñeiro para que decidisen en que investimentos querían gastala, pero estaba claro que o único que fixeron foi facerlles perder o tempo, para non levalo a pleno, con reunión tras reunión que non serviron para nada.

Por tanto Taboada acordou estes presupostos co seu grupo e coa Interventora do concello para dotar a Vila de Cruces dun orzamento real para este 2023 e non un inflado que non se axusta á realidade, como foi o que aprobou Jesús Otero o seu último ano de mandato, e como afirma Mireya Otero responsable de economía, “ é incrible que os grupos da oposición estean por unha banda pedindo uns orzamentos, e cando os presentamos rexéitanos, xa mesmo sen velos, sen pensar se son bos ou non para os seus veciños e veciñas coa única ambición de paralizar o crecemento do concello, aínda mesmo sendo coñecedores de que moitas das súas peticións estaban contempladas neste orzamento 2023”, con esta decisión dos grupos da oposición acaban de deixar os veciños e veciñas sen poder, por exemplo, recibir os 100 euros por rapaz para axudas nos libros, ou os máis de 2000 euros para os novos nacementos, a posibilidade de facer máis cursos nas parroquias, ou algo tan necesario como poder ampliar as conciliacións familiares , para aqueles pais e nais traballadoras.

E como Julio López di: “acaban de deixar polo seu egoísmo sen axudas de 2000 euros as festas patronais de cada parroquia” para gastar (no que necesiten) nas súas festas patronais, e sen poder subirlle as asociacións do concello as cantidades que están recibindo que levan décadas sen actualizarse, cando as cousas cada vez son máis caras.

Pero Taboada seguirá traballando como ata o de agora cos orzamentos prorrogados, porque non vai perder nin un minuto máis con este tema, porque afirma que “onde hai que perder o tempo é en traballar para os cruceños e cruceñas, e lembra que por culpa da pandemia perdéronse case dous anos de traballo e que aínda que se realizaron grandes cambios, queda moito por facer Por iso cree que hoxe non aprobaron os orzamentos, porque >>é como o can do hortelano, que non come nin deixa comer<<”

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas