Home Pontevedra A Paradanta O concello de Arbo recibe unha achega para a "urbanización do Camiño...

O concello de Arbo recibe unha achega para a “urbanización do Camiño da Bouza”

- Anuncio -

• Importe do contrato: 199.466,87 € (IVE do 21% incluído que ascende a 34.618,22 €)

• Prazo de execución fíxase no proxecto técnico en TRES (3) MESES.

• As obras van a ser licitadas a través da plataforma de contratación do Estado.

O Concello de Arbo, recibe unha achega da Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo as bases publicadas no BOPPO nº 230 de 27 de decembro de 2021, pola que se convocan as bases reguladoras e convocatorias do Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos 2022-2023), dentro da Liña 1 – Investimentos., para a actuación denominada “URBANIZACIÓN CAMIÑO DA BOUZA”.

O orzamento base de licitación ascende á cantidade de 199.466,87 € (IVE do 21% incluído que ascende a 34.618,22 €) e as obras van que van a ser licitadas a través da plataforma de contratación do Estado, nas vindeiras semanas, cun prazo de execución de 3 meses.
As obras desenvólvense no camiño dá Bouza, no núcleo urbano de Arbo. Actualmente existe un camiño escasa anchura, con estreitamentos nos que a anchura non chega ao 2,5m. As redes de servizos existentes atópanse en mal estado debido á súa antigüidade, con excepción dalgún tramo puntual da rede de abastecemento. As redes de telecomunicacións, rede eléctrica e iluminación son aéreas, coa presenza de postes ao longo de todo o vial – informa o alcalde. Horacio Gil
Inclúense as seguintes actuacións:
Demolicións e escavacións, executaranse muros de pedra con pedra do país para a contención do vial e para a reposición dos existentes nas parcelas afectadas. A altura máxima dos muros é de 2m, medidos desde a rasante ao terreo natural. Melloras na rede de abastecemento e saneamento. Realizarase mellora de pluviais e rea reposición dunha rede de rega existente. Mellora nas luminarias. Proxéctase unha canalización para a rede eléctrica e rede de telecomunicacións composta por tubos de PE corrugado de diámetro 63mm e as súas correspondentes arquetas.

O Concello conta coa concesión de subvención no marco do Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos) 2022-2023, dentro da Liña 1 – Investimentos – ANUALIDADE 2023, con destino ao financiamento do 100% do investimento para a obra “URBANIZACIÓN CAMIÑO DA BOUZA”, por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial do día 2 de decembro de 2022, recibida a través da sede electrónica do Concello de Arbo o 05/12/2022 14:51 ( Núm. rexistro entrada: 2022-E-RC-1945).

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas