Home Lugo A Mariña Occidental Míriam Bermúdez propón crear unha rede de Centros de Interpretación en Viveiro

Míriam Bermúdez propón crear unha rede de Centros de Interpretación en Viveiro

- Anuncio -

“A día de hoxe o Concello de Viveiro non ten desenvolto coa contudencia que se require, inciativas para poñer en valor o gran potencial co que se conta a nivel de patrimonio histórico-cultural. Non contamos con un só centro de interpretación nin museo e non será por non ter patrimonio que mostrar”, asegura a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez.

Se quixeramos actuar seriamente non deberíamos facer uso da palabra “museo” á lixeira como ás veces se fai. A definición de “museo” está recollida na lei. A de “colección visitábel”, tamén. Outra cousa son os centros de interpretación do patrimonio ao que, nesta iniciativa, nos imos referir.

Viveiro pois, hoxe sen museo algún, pode pór en valor o seu patrimonio creando centros de interpretación patrimonial. Se cadra, no futuro, algún destes centros poderían dar pé á fundación dun museo.

Míriam Bermúdez puntualiza que “estes centros poderían estar instalados nalgún edificio do Casco Histórico e tamén fóra del, sempre dende unha perspectiva de rehabilitación e dinamización. Non terían que estar abertos a diario nin atendidos permanentemente. Serían visitados dentro das actividades de visitas turísticas, culturais ou escolares.”

Coidamos que Viveiro tería que contar con:

Un centro de interpretación patrimonial sobre a Industria Conserveira. Podería estar en Celeiro e aproveitar unha edificación que no seu día foi un dos fabriquíns de conserva.

Unha Casa da Imprenta, no casco antigo de Viveiro, aproveitando antigas maquinarias e que recollese a historia destes estabelecementos que no pasado existiron na vila.

Unha Casa do Chocolate, tamén no casco histórico, na que se poña en valor estas pequenas industrias chocolateiras.

Un centro de interpretación da Mina da Silvarosa. Tería que estar na parroquia de Vieiro. (A antiga escola, como xa se ten proposto, podería ser o sitio idóneo).

Un centro de interpretación patrimonial dedicado á Industria. (Parte da antiga escola de Chavín, hoxe Centro Social, podería servir para esta instalación)

Sendo conscientes de que o que propoñemos cómpre realizar varias xestións para obter as posíbeis axudas e subvencións doutras administracións e tamén de particulares, o BNG presenta a seguinte PROPOSTA:

Constituír unha Comisión Especial da que fagan parte todas as forzas políticas da Corporación Municipal que estude a creación de Centros de Interpretación do Patrimonio en Viveiro.

Realizar a primeira das reunións e a concreción destes Centros antes do remate do actual mandato municipal.

A programación para a apertura dos Centros que se decidan sería ao longo do vindeiro mandato municipal.

Relacionadas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

Publicacións Relacionadas