Home A Coruña O Concello de Neda pecha as contas do 2022 cun remanente de...

O Concello de Neda pecha as contas do 2022 cun remanente de tesourería de 1.679.000 euros

- Anuncio -

Dá conta en pleno da liquidación do orzamento do pasado exercicio

O Concello de Neda pechou o exercicio 2022 cun remanente de tesourería de 1.679.000 euros, sen débeda con entidades bancarias e liquidez suficiente para atender en plazo o pago dos gastos contraídos cos seus proveedores. Así se constata no informe de liquidación do orzamento 2022, do que se deu conta onte en pleno.

No mesmo, constátase que o presuposto de gastos ascendeu a 6,1 millóns, executándose o 78% e abonándose practicamente o 98% das obrigacións recoñecidas. Destaca sobre todo a execución do capítulo de gasto corrente, que permite atender o funcionamento normal do Concello, e cuxa execución superou os 3,3 millóns. Así mesmo, en materia de investimentos a execución total ascendeu a 300.000 euros, unha cifra que se incrementará ata o millón de euros coa conclusión en 2023 de obras iniciadas en 2022 e financiadas tanto con achegas doutras administracións como con fondos propios.

Respecto ao presuposto de ingresos, o grao de execución elevouse ata o 82,42%, o que permitiu recoñecer dereitos por importe superior aos 5 millóns de euros.

Destaca o importe das transferencias que recibe o Concello doutras administracións vía subvencións para a realización de actividades ou investimentos, así como os ingresos que se reciben con cargo á participación nos orzamentos do Estado e da Comunidade, e o capítulo de ingresos por impostos -aínda cando os tipos impositivos municipais non son elevados-, o que permite atender o normal funcionamento do Concello.

As contas constatan así o equilibrio entre ingresos e gastos, aínda cando a estabilidade orzamentaria neste 2022 non era un obxectivo de obrigado cumprimento dada a suspensión das reglas fiscais acordada polo Congreso dos Deputados á vista da situación económica actual.

Relacionadas

Reunión coas ANPAS do Concello de Ribeira

0
O alcalde de Ribeira e a concelleira de educación, Cruz Rivadulla, mantiveron unha reunión coas ANPAS do Concello nun esforzo por estreitar a colaboración...

O prazo para inscribirse ao Encontro de Maiores de Bergondo xa está aberto

0
· Celebrarase o 2 de xuño e ten un prezo de 10 euros. · As persoas interesadas en apuntarse deberán facelo no gabinete de alcaldía...

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo axudou a engancharse laboralmente a 4.500...

0
Case 4.500 persoas pasaron durante o pasado ano polo Centro de Formación e Emprego do Concello de Oleiros, unha plataforma municipal para impulsar a...

Incendio nunha fonte na avenida de Caión, no Concello de Arteixo

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arteixo foron alertados ao redor das 22:00 horas de onte, domingo 5 de maio, dun incendio nunha...

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Publicacións Relacionadas