Home A Coruña O Concello executará cos fondos do POS+ o primeiro parque infantil inclusivo,...

O Concello executará cos fondos do POS+ o primeiro parque infantil inclusivo, obras na casa da cultura, aglomerados e renovación de redes

- Anuncio -

O pleno daba onte luz verde aos investimentos para o 2023

O alcalde, Ángel Alvariño, informaba esta mañá da aprobación en pleno das diferentes actuacións que o Concello de Neda levará acabo este ano con cargo ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+. Cun investimento conxunto de 555.867,59 euros, serán as seguintes:

-Creación do primeiro parque infantil inclusivo do municipio na ribeira de Xuvia. 86.794,59 euros
-Renovación da cuberta e substitución das ventás do salón de actos da Casa da Cultura. 75.764,24 euros
-Substitución das fiestras da Casa da Cultura. 75.725,36 euros
-Renovación da rede de abastecemento e de saneamento, e ampliación desta, na rúa O Carreiro. 82.297,42 euros
-Renovación da rede de abastecemento dende o centro de saúde ata a Mourela. 98.810,19 euros
-Apertura dun novo vial, pavimentación e implantación de servizos dende o Camiño Vello á Bacela. 83.096,34
-Aglomerado de camiños en Vilar-Lobeiras. 76.527,37 euros

PARQUE INCLUSIVO

Polo miúdo, o Concello executará o primeiro parque infantil inclusivo do municipio na ribeira de Xuvia, cunha intervención no actual parque de Ágatha Ruiz de la Prada.

O seu deseño responde ás reunións de traballo levadas a cabo coa ASCM, e permitirá dotar a Neda dunha zona de xogos accesible para todos os nenos e nenas, con independencia das súas capacidades físicas e intelectuais. Ao detalle, as obras contemplan a substitución do actual pavimento de area por un de caucho continuo; a instalación dun xogo infantil inclusivo e paneis de xogo, adaptados a nenos/as con
discapacidade visual e auditiva e diversidade funcional, a dotación de bancos e mesas adaptados xunto á zona da tirolina e aparcadoiros para persoas con mobilidade reducida. Terase tamén moi en conta a delimitación de itinerarios dimensionados para o acceso con acompañantes por parte dos/as nenos/as.

OBRAS NA CASA DA CULTURA
A renovación da cuberta e instalación das canalizacións para a recollida de pluviais permitirá poñer remedio ás filtracións detectadas no inmoble, de 1960, e ás recurrentes reparacións que require cada inverno. Ademais, a intervención contempla a substitución das ventás do salón de actos do edificio. Nun segundo proxecto prevense obras de mellora do illamento térmico e acústico coa substitución de todas as ventás do edificio. Así mesmo, na planta baixa esta última intervención incidiría tamén nunha mellora do sistema de evacuación do edificio, xa que as reixas actuais substituiranse por vidrios laminares anti-intrusión.

ABASTECEMENTO E SANEAMENTO

O Concello procederá á renovación das redes de abastecemento e saneamento da rúa O Carreiro -neste caso tamén se ampliará o saneamento nalgúns puntos- e da rede de abastecemento de auga entre o centro de saúde e a Mourela. Estas intervencións darán continuidade á prevista na rúa Xerardo Luaces, hoxe en día adxudicada cun investimento superior aos 171.000 euros.

AGLOMERADOS DA REDE VIARIA

Por último, o POS+ permitirá continuar co plan de acondicionamento de viais da rede municipal. Dunha banda, prevese a pavimentación de camiños en Vilar-Lobeira, onde tamén se instalarán os sistemas de recollida de pluviais para facilitar a súa evacuación, e doutra, procederase á apertura dun novo vial dende o Camiño Vello ata a Bacela. Hoxe en día existe un paso peatonal sen pavimentar, aínda que o planeamento urbanístico prevé na zona un vial. Recementemente, e a raíz das cesións obligatorias consecuencia da obtención de licencias urbanísticas para a construción de vivendas unifamiliares nas fincas contiguas, o Concello dispón dos terreos necesarios para a apertura do citado vial. Obras que se executarán con cargo ao POS+ deste ano, e que incluirán tamén o aglomerado e implantación de servizos de saneamento, abastecemento, electricidade, alumeado público e telecomunicacións.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas