Home A Coruña O Entroido de Neda recupera o Festival de Comparsas

O Entroido de Neda recupera o Festival de Comparsas

- Anuncio -

Inscricións abertas no certame, que terá lugar o venres 17 de febreiro

Tralos últimos anos marcados pola pandemia, Nedarecupera neste 2023 o seu Festival de Comparsas. Celebrarase o venres 17 de febreiro, e o Concello incentivará a participación cunha axuda de 250 euros por comparsa participante e de 150 euros por grupo. Así mesmo, entre todas e todos – comparsas e grupos- que ofrezan algunha actuación nos lugares determinados polo Concello esa xornada en horario de 18 a 20 h, repartiranse 700 euros. Obxectivo: aumentar o ambiente festivo a pé de rúa.

Así, o número máximo de comparsas será de 8, segundo a orde de presentación de solicitudes no rexistro xeral do Concello ou telematicamente, dende hoxe e ata o 9 de febreiro incluídos, en horario de 9:00 a 14:30 horas.

As letras das cancións terán que ser obligatoriamente en galego, e un dos temas a interpretar, versará necesariamente sobre Neda ou figuras da vila. Así, todas as formacións participantes deberán concentrarse ás 20:00 horas do 17 de febreiro na Avenida de Castelao para iniciar dende este punto o pasarrúas cara o polideportivo de Neda, onde ofrecerán as súas actuacións nun escenario habilitado ao efecto. As tres mellores recibirán o correspondente galardón.

As bases da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, e toda a documentación está dispoñible na web municipal.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas