Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar agradece o recoñecemento da FEMP por converter Ourense o próximo...

Manuel Baltar agradece o recoñecemento da FEMP por converter Ourense o próximo 6 de febreiro “na capital dos gobernos provinciais de España”

- Anuncio -

Tras participar esta mañá na Xunta Directiva da FEMP, o presidente da Deputación declarou que a reunión en Ourense da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares “pon en valor o traballo que estamos a facer desde o goberno provincial, con fitos importantes que falan de nós como exemplo anticipación, planificación e rigorosidade na xestión”

Manuel Baltar adianta que na convocatoria de Ourense “falarase en liñas xerais dos retos que afrontarán os gobernos locais con vistas ao novo mandato no período 2023-2027”, poñendo énfase na palabra cooperación co resto das escalas de goberno -supramunicipal, provincial, autonómica e nacional-

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá por vía telemática na Xunta Directiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que na súa primeira reunión do ano repasou, entre outras cuestións, a situación do mundo local.

Ao remate da convocatoria, Manuel Baltar agradeceu o recoñecemento da federación por converter a Ourense “na capital dos gobernos provinciais de España”, en referencia ao encontro que o próximo 6 de febreiro celebrará por primeira vez na capital ourensá a Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP.

Manuel Baltar explica que a elección de Ourense como sede desta reunión “pon en valor o traballo que estamos a facer desde o goberno provincial, con fitos tan importantes como o liderado en transparencia, a consecución da débeda cero ou ser a primeira administración pública de España en aprobar os orzamentos do seguinte exercicio, o que fala de nós como exemplo anticipación, planificación e rigorosidade na xestión”.

O presidente da Deputación adianta que na convocatoria de Ourense “falarase en liñas xerais dos retos que afrontarán os gobernos locais con vistas ao novo mandato no período 2023-2027”, poñendo énfase na palabra cooperación. “A colaboración institucional co resto das escalas de goberno –supramunicipal, provincial, autonómica e nacional- é un dos asuntos que temos que abordar como eixo básico no mundo da xestión pública”, afirma Manuel Baltar.

A reunión en Ourense da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP, a última en celebrarse antes das eleccións municipais do 28 de maio, parte dunha proposta do presidente da Deputación que foi ratificada no encontro que este órgano mantivo en outubro pasado en Cáceres.

A cita do 6 de febreiro comezará no Pazo Provincial coas reunións preparatorias dos grupos, continuando ao mediodía no Centro Cultural Marcos Valcárcel onde se celebrará o plenario, do que forman parte medio centenar de presidentes provinciais.

Fondos europeos, accións internacionais e convenios co Goberno español

A convocatoria ordinaria de xaneiro da Xunta Directiva da FEMP, celebrada esta mañá en Toledo, incluíu na orde do día asuntos referidos ás actuacións da federación sobre os fondos europeos Next Generation, o repaso ás accións desenvolvidas no ámbito internacional, convenios asinados co Goberno español e outras entidades e unha proposta de declaración institucional para o próximo 8 de marzo, Día Internacional da muller.

Relacionadas

Luis López interésase polas necesidades dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nunha...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de maio, no...

0
A mostra da artista pontevedresa recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu” A Deputación de Pontevedra mantén...

Abraham Cupeiro explorará os instrumentos de vento desde o Paleolítico ata o século XIX...

0
Este martes 30 de abril ás 9:00 ábrese o prazo para solicitar praza no concerto, que se celebrará o sábado 11 de maio ás...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 635.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas