Home A Coruña A mostra de teatro para escolares da Pobra congregará arredor de 600...

A mostra de teatro para escolares da Pobra congregará arredor de 600 crianzas

- Anuncio -

Cinco funcións integran a mostra de teatro para escolares que se desenvolverá na Pobra do Caramiñal nas vindeiras semanas. Terán lugar nos días 2, 7, 9, 14 e 16 de febreiro, ás 11.00 horas.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), esgrime que se organiza unha nova edición coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña para inculca-la paixón polas artes escénicas nas novas xeracións. Por seren saídas ao teatro cos centros educativos da localidade, aínda que tamén haberá presenza dun club de lectura infantil de Boiro, non se require a inscrición previa. Deste xeito, aproximadamente 600 escolares de distintos graos de ensinanza (infantil, primaria e 1.° da ESO) pasarán polas instalacións do Elma.

As sesións comezarán no día 2 con Cantaxoga, de Migallas Teatro. Trátase dun musical con sketchs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

No día 7 será a quenda de 4 monos, a cargo da Tropa de Trapo; un espectáculo de narración oral, música en directo e teatro de obxectos. Catro contos para falar das relacións sociais e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.

Proseguirá con H2…OH!, de Ghazafelhos, no día 9. Baseada no libro de María Canosa, achega as curiosidades científicas que experimentamos no noso día a día e ás cales uns/unhas extravagantes científicos/as lles darán resposta.

Xarope Tulú representará no día 14 Rilla rilla, unha función que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma. A través dun concurso sobre a lingua galega, o público mergullarase en vocábulos que case nunca medran nos libros.

O ciclo finalizará no día 16 da man de Marcos Escudero e Con area cousas debuxo. Esta exhibición fusiona varias técnicas para contar historias a través de imaxes que se trazan con area para proxectalas nunha pantalla.

Relacionadas

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Laxe súbese ás catro rodas este venres para celebrar o seu Día do Patín

0
• A actividade realizarase no polideportivo municipal a partir das 18:00 horas • Daranse cita un total de 165 deportistas das escolas deportivas municipais dos...

A exposición informativa sobre o autismo da Fundación Amicos poderá visitarse esta semana na...

0
Teresa Villaverde animou a veciñanza a visitar a mostra para “dar a coñecer algo que está aí sempre pero que sigue sendo descoñecido, como...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1M€...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, case 1M€ en obras para dotar a varios núcleos do Concello de Lousame dun sistema...

Incendio no garaxe dun edificio da rúa Anxo Senra, no Concello de Culleredo

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Arteixo foron alertados esta mañá dun incendio no garaxe dun edificio de doce andares da rúa Anxo...

O executivo municipal aproba o Plan de Contratación para 2024, que recolle 82 contratos...

0
O concelleiro de Economía, Facenda e Contratación, Manuel César, deu conta en rolda de prensa do Plan de Contratación municipal para 2024, aprobado na...

Publicacións Relacionadas