Home Pontevedra Román Rodríguez gaba a adaptación da Facultade de Dirección e Xestión Públlica...

Román Rodríguez gaba a adaptación da Facultade de Dirección e Xestión Públlica de Pontevedra aos novos tempos coa introdución da modalidade en liña

- Anuncio -

— O grao impartido neste centro universitario da UVigo pode cursarse en liña de xeito íntegro e completarse cun máster tamén na modalidade virtual

— ”Isto permite o acceso a estas ensinanzas non só aos máis novos, senón tamén a profesionais do sector que queren completar a súa formación”, destaca o conselleiro

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe a facultade de Dirección e Xestión Pública do Campus de Pontevedra, xunto co reitor da universidade de Vigo, Manuel Reigosa. Trátase dun centro creado o pasado verán para unir todas as titulacións relacionadas coa dirección, a xestión pública e o liderado institucional da Universidade de Vigo. Ata o momento estas ensinanzas impartíanse na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación xunto coas titulacións de grao e máster relacionadas coa comunicación, publicidade e relacións públicas.

Na nova facultade impártese o grao en Dirección e Xestión Pública, do que o conselleiro destacou o seu esforzo para adaptar o seu plan de estudos aos novos tempos e na posta en marcha da dobre modalidade de asistencia: presencial e virtual. ”Isto permite o acceso a estas ensinanzas non só aos máis novos, senón tamén a profesionais do sector que queren completar a súa formación e que poden realizar todo o proceso, desde a matrícula á avaliación, a través de internet”, sinalou o conselleiro.

O centro universitario acolle tamén as ensinanzas do máster en Dirección Pública e Liderado Institucional, de xeito íntegro en modalidade virtual, polo que se pode realizar todo o itinerario formativo en liña.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas