Home Xunta de Galicia A Xunta reitera o seu compromiso para converter Galicia nun exemplo de...

A Xunta reitera o seu compromiso para converter Galicia nun exemplo de urbanismo responsable e valora os avances realizados no uso racional do territorio

- Anuncio -

 Ángeles Vázquez lembra que a LOUGA supuxo “un antes e un despois” na regulación desta materia xa que os PXOM que se adaptaron a ela acadaron uns parámetros de calidade moi superiores aos anteriores


 Salienta a posta en marcha doutras iniciativas como os plans básicos municipais para dotar os concellos de menos de 5.000 habitantes dun instrumento de planeamento simplificado

A Xunta reitera o seu compromiso para que Galicia sexa un exemplo de urbanismo responsable e sostible, tal e como salientou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen tamén puxo en valor os avances realizados no uso racional do territorio.

Durante a inauguración da xornada técnica 20 anos da LOUGA. O urbanismo do século XXI, na que estivo acompañada pola directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, a conselleira lembrou que esta normativa supuxo “un antes e un despois” na regulación desta materia xa que os plans xerais de ordenación municipal (PXOM) que se adaptaron a ela acadaron uns parámetros de calidade moi superiores aos anteriores.

Este traballo a prol de acadar o obxectivo de “ningún concello sen PXOM” continuou coa Lei do solo do ano 2016 que, segundo dixo Ángeles Vázquez, foi “transcendental” para axilizar o procedemento xa que redefiniu o solo de núcleo rural, unificou os trámites ambientais e urbanísticos, centralizou a solicitude de informes sectoriais autonómicos na Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e estableceu un prazo único de tres meses con silencio positivo.

Nesa liña, logo de explicar que na actualidade Galicia conta con 114 PXOMs adaptados á lexislación vixente, que garante un “urbanismo seguro, equilibrado e ordenado”, a conselleira explicou que a Xunta tamén puxo en marcha outras iniciativas como os plans básicos municipais para dotar os concellos de menos de 5.000 habitantes dun instrumento de planeamento simplificado, pero suficiente.

A maiores, o Goberno galego impulsou a xunta consultiva en materia de ordenación do territorio e urbanismo, cuxo obxectivo é emitir informes a solicitude dos concellos e dos axentes económicos e sociais. De feito, que se constituíu o pasado mes de xullo, xa ditou circulares interpretativas en materias dubidosas grazas á cooperación entre entidades.

Para concluír, a conselleira puxo de manifesto a “necesidade urxente” de aprobar por parte do Goberno central unha modificación do Real Decreto Lexislativo 7/2015 polo que se aprobou o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana para “garantir a seguridade xurídica dos planeamentos” evitando a anulación ex nunc dos mesmos e, polo tanto, que se permita a conservación dos actos administrativos aínda que se anule un PXOM.

Relacionadas

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e...

0
O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONTINÚA CO PROCESO DE ESCOITA ACTIVA E REÚNESE COS LÍDERES SINDICAIS DE CCOO E CIG EN GALICIA Nas...

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

A Filmoteca de Galicia inicia en maio unha retrospectiva sobre o cineasta xaponés Yasujirō...

0
— O realizador catalán José Luis Guerin presentará o venres na cinemateca da Xunta a restauración da súa película ‘Tren de sombras’ na recta...

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Publicacións Relacionadas