Home Pontevedra A Paradanta Primeira cita do ano coa Mostra de Produtos de Covelo

Primeira cita do ano coa Mostra de Produtos de Covelo

- Anuncio -

De dez da mañá a dúas da tarde a praza Mestre Cerviños ofrecerá un espazo de lecer con postos de produtos de proximidade e sesión vermouth co grupo Gure Terra

Logo do éxito que tivo a Mostra de Produtos de Covelo ao longo do pasado ano 2022, o Concello de Covelo seguirá apostando por esta cita estable na que cada primeiro sábado de mes podemos visitar a praza Mestre Cerviño do centro urbano para mercar produtos de calidade e de proximidade.

A concelleira de Turismo, Lourdes Enes, e o alcalde, Pablo Castillo, coinciden en salientar que a Mostra de Produtos non só atrae a visitantes tamén supón un momento de encontro para a veciñanza que se achega para mercar pero tamén para gozar dun momento de lecer.

Na praza Mestre Cerviño atoparemos postos de alimentación e horta, artesanía, cervexa artesá, cosmética natural, libros, maquetería, plantas, postos solidarios, xoiaría e moitas ofertas de produtos locais que non poderás atopar nas principais plataformas comerciais de venda on line.

Ademais, outro dos pratos fortes desta cita é a música e a gastronomía da hostalaría local que promove momentos agradables nos que xuntarse e conversar. Este sábado a partir das 12 horas, a sesión vermouth estará amenizada por Gure Terra con música popular e tradicional.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas